Datos do blog

martes, 19 de abril de 2016

Día Mundial da Narración Oral ou Semana da tradición oral

Por se marzo tiña pouco que celebrar, este ano no calendario do libro e da lectura aparece esta data, 20 de marzo día da narración oral. Nunca sobra, pero igual preferiríamos que se asumira a semana da tradición oral que sempre se celebra alá por novembro, un mes moi axeitado para recollerse ao pé de calquera lareira ou mesa a falar, a contar, a compartir o que nos legaron e a maneira na que nos pasamos de orella a boca para que a cadea continúe. Outono de castañas e magosto, de vendima para os maiores e tempo de recollerse.
Só unha referencia para volver en novembro e celebrar unha semana que pode espallarse mentres andamos con samaíns e magostos, cos santos e os defuntos... que de todo se pode falar! e cantar, por que non?
Sempre ir ás fontes, sempre pasar por Galicia encantada esa páxina do noso imaxinario e aos libros deses magos da recolleita: Dicionario dos seres míticos galegos, Pequena mitoloxía de Galicia, Cando os animais falaban, A flor da auga, Arrepíos e outros medos... as coleccións Cabalo buligan de Xerais, Dediños de Tambre, Contos populares de A Nosa Terra, e algúns volumes soltos da colección Ler é vivir e Montaña encantada de Everest Galicia.
Para facer boca, un texto en liña de Xosé Miranda "Lendas e mitoloxía popular galega"


Ningún comentario:

Publicar un comentario