Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do 2 de abril,Día Internacional do Libro Infantil, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro
do IBBY é o encargado de seleccionar un escritor ou
escritora e a un ilustrador ou ilustradora para que redacten a mensaxe e deseñen o cartaz para todos os nenos e nenas do
mundo. No
2018, o país encargado é Letonia: a mensaxe é unha creación da escritora e editoraInese Zandere e o cartaz, do recoñecido ilustradorReinis Petersons.
Ningún comentario:
Publicar un comentario