As ilustraciós son de David Cuence e a editorial A Compañía do Ruído. Así se presenta: "Un libro no que o público infantil poderá seguir as aventuras destas
dúas personaxes e os amigos e amigas que polo camiño atoparán. Cunha
folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun
paraguas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e
Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha
tarteira vella e Lara, a píllara espacial. Respectar a natureza, viaxar
por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, cantar e bailar sen
acougo, son parte das propostas que pon en valor este libro para o
divertimento das pícaras e pícaros da casa.
Landra e Lambón, dúas
criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea
de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que
pola costa galega adoitan falar. Este conto leva aparellados
distintos recursos en soporte dixital, completando así a obra cun
audiolibro e doce pezas musicais para gozar en familia." A el accédese a través dun código QR.
Datos do blog
▼
mércores, 27 de agosto de 2025
Libro musical
A Landra viaxeira e o amigo Lambón de Suso Bello e Sabela Olivares que forman o grupo Os Jalochos de Ribeira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario