Da presentación editorial: "Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno
grilo non era quen de cantar e ninguén podía escoitar o seu son. Ata
que, unha noite, atopou unha grila...
Un libro acartonado ideal para
coñecer os insectos, cunha sonora sorpresa final."
O pequeno grilo acaba de nacer e no encontro cos outros animais: grilo, lagosta, barbantesa, verme, mazaleites, cigarra, abellón, cabaliño do demo, mosquitos e avelaíña tenta facer soar as súas ás pero non o logra ata que ao final cando coñece a unha grila moi silenciosa... ao refregar as súas ás "cantoulle a canción máis bonita que ela oíra nunca."
Un libro de páxinas de cartón e con son para que podamos escoitar esa canción do grilo. Unha historia para ir facendo o camiño co grilo mentres madura e vai escoitando a uns e outros animais.
Libros sobre animais que tratan aqueles temas que preocupan aos humanos (non teño voz? non se me escoita?) e que sempre atopan solución (para tranquilidade das criaturas que non tiveron a suficiente experiencia como para saber que é así).
Eric Carle ten dito: “Con moitos dos meus
libros intento tender unha ponte entre o fogar e a escola. O paso do
fogar á escola é o segundo maior trauma da nenez; o primeiro, por
suposto, é nacer. En ambos os casos deixamos un lugar de calidez e
protección por outro descoñecido. Creo que os nenos son creativos por
natureza e capaces de aprender. Nos meus libros intento conter ese
temor, reemprazalo cunha mensaxe positiva. Quero amosarlles que aprender
é fascinante e divertido”. Recollido da páxina de Kalandraka.

Ningún comentario:
Publicar un comentario