Amosando publicacións coa etiqueta Editoriais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Editoriais. Amosar todas as publicacións

sábado, 31 de agosto de 2024

De pedagoxía, psicopedagoxía... e literatura

  

Non sei, non me gusta que a rapazada estea ansiosa, que se deprima, que o pase mal, non me gusta pensar en enfermidades que se poden atallar e igual tampouco me gustan demasiado os libros que falabn destes asuntos, que semellan feito adrede para paralos... porque hai que evitar as causas, non poñer tiritas ás roturas do equilibrio. 

Estou un pouco farta de psicopedagogos/as e outras especialidades que andan nisto porque sempre souben que a boa literatura cura e prevé sen buscalo. O que tal ten feito María Gripe (e tantos outros) pola nosa rapazada sen ter ese obxectivo, sen pensar en nada máis que no que as crianzas lle trasmitían silenciosamente. Sinto que todo isto me xurda cando estou a ler un libro determinado, por iso non vou dicir o título porque seguramente se trata de que a gota chegou ao borde do vaso, simplemente iso, e non se debería ser tan subxectiva...  pero algunha vez tería que dicilo. Igual que hai que dicir que as editoras teñen que ter a obriga na revisar a corrección das obras,  porque cando o texto está no libro xa é responsabilidade deles. Está a haber problemas con este asunto; e cando os hai trasládanse inmediatamente ao galego, á lingua cincenta que apanda con todo e... xa non precisa máis, de verdade que non.

Eu pediríalles algo de compromiso a autores/as, editoriais e mediación. Non podemos matar a galiña nin acabar cos ovos. Non podemos escoller malos alimentos para darlles como lectura á rapazada porque diso vai depender o futuro da lingua; o hábito, o pracer e a competencia lectora.

sábado, 3 de xuño de 2023

Edioriais que aparecen no panorama (de onde veñen, quen as promove, que hai detrás...?)

Bábidi-bu emerxe con forza, neste caso teño sobre a mesa varios libros: As cores da sabana de Laura que se presenta así: "Catarina séntese incomprendida. Non pode ver o mundo da mesma maneira que os demais; non coñece as cores das herbas, nin do ceo nin dos paxaros. Menos mal que o resto de animais descobre que tamén se pode ver cos ollos pechados. Valores implícitos: a amizade, a empatía, a superación, o respecto pola diversidade." Unha pequena xirafa cega quere coñecer as cores, que hai detrás de cada unha delas... e os demais non poden perder a paciencia para poder axudarlle. Letra e ilustración de Laura López Chas, incluída na colección "La mirada de Daniel. Inteligencia emocional" e publicado por Bábidi-bu, unha editora que non ten problema en mostrar o castelán como escenario de fondo publicando en galego libros moi didácticos e planos, que non deixan á imaxinación máis que as patas do animais que a ilustradora evita para crear unha representación diferente. Un perigo. Iso do que levan tantos anos falando sen que existira móstrase agora en toda a súa potencia, porque a nosa literatura non era iso, nin a maioría das publicacións en galego... pero agora si debemos ter conta do que sae á luz e escoller con coidado, máis alá da intelixencia emocional. Neste caso, no comezo, móstranse sen pudor os chamados valores implícitos (que pouco máis explícitos poden ser): a amizade, a empatía, a superación e o respecto pola diversidade.

Aurora condutora e dragonxín cantarín de Susana Barja ilustrado por Lucelys Carrillo, na mesma colección e cos valores implícitos (coeducación e igualdade de xénero con tolerancia e empatía, valentía e respecto polas diferenzas...). Demasiado explícito e sen unhas ilustracións de calidade. Como á nena a deixaron ser o que quería, será ela quen axude a Dragoncín a enfrontar a familia e chegar a ser cantante. Dificilmente se pode ser menos creativo...

Libros que ademais publicitan a posibilidade de conseguil en castelán, xustamente no lugar de venda (a distancia) 

mércores, 17 de febreiro de 2021

Novas editoras. Catro Ventos

 

Non son de agora mesmo, non, xa levan un tempo pululando polo universo librario, pero quero determe nelas porque semella que non a visibilicei suficientemente:

Catro Ventos. Este é o seu catálogo. Libros relacionados coa ecoloxía e o feminismo, coa pandemia e o que vemos (natureza, juízo aos humanos dende o mundo animal, o sentido do abraio...), a educación en varias vertentes e varios asuntos máis de moito interese. Unha pequena editora coa sideas moi claras, disposta a editar aqueles libros que considera necesarios. Moitos deles teñen o seu lugar na escola e nas bibliotecas, ademais de andar polas casas. Así se presentan: "Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo en 2016 e constituída por cinco persoas socias, todas procedentes e especializadas en diferentes eidos, pero cuns valores e preocupacións comúns" e esta é a súa visión:"Desde o comezo tivemos claro que o noso era o modelo da economía alternativa e solidaria, no que os principios éticos, ambientais e sociais son cando menos igual de importantes cós principios económicos e profesionais". Vale a pena dar unha volta polos seus libros.