Amosando publicacións coa etiqueta Educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de maio de 2019

Documentación de interese

                                                                                                                                                           Imaxe extraída da páxina da FGSR
Un documento da FGSR acerca das novas destrezas para as persoas mediadoras da lectura que aparece, para descarga, na súa páxina.
Unha vez máis temos que agradecer o acompañamento e guía que esta Fundación realiza ao longo do tempo.

martes, 20 de febreiro de 2018

Libros inesperados

Así o presentan: "Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas". Estas cuartillas conforman un libro que naceu para o leran os seus fillos ou tal vez para levar á escola Rosalía de Castro que Antía Cal funda, un libro escrito a finais dos nos cincuenta, no que se explica a historia universal a arte desde Galicia, en galego e poñendo á beira do internacional o producido poo propio país.
No prólogo Xosé Manuel Beiras defende o avanzado dos postulados que coinciden cos dos historiadores franceses da época. 
A nós, o que nos sorprende é que puidera existir algo así, que houbera persoas tan libres no medio daquela escuridade de posguerra, retomando as ensinanzas do Seminario de Estudos Galegos, falando da arte internacional na nosa lingua e mostrando a nosa arte, o que lle é máis propio.


Arte en todas as súas manifestacións: arquitectura, escultura, pintura, fotografía, teatro, cine, música, literatura, danzas e baile... pero tamén ciencia. Toda a información (texto e imaxes) documentada cunha bibliografía que pecha a obra; toda ela salpresada polos valores cívicos de respecto ao outro, do respecto por todos os pobos e relixóns, a valoración de todas a civilizacións e as súas manifestacións artísticas,  de non facer diferenzas entre os países máis ou menos desenvoltos, as críticas ao inadmisible como a escravitude... Como unha chuvia maina que molla lembramos as frases: “A Historia é coma un conto que as máis das veces repítese sempre”, “E Compostela, no tempo de Xelmírez, alumeaba en Europa como unha estrela”, “Velaí como un home grande fai grande un idioma”, “Mais a guerra, meu neniño, repítocho outra vegada, non bota máis que a desgracia e o mal por onde pasa”...   
Nunca deixará de sorprendernos esta parella... e seguirán facéndoo despois de ver o documental de Piñeiro

martes, 10 de xaneiro de 2017

Soporte papel e dixital na educación. Opinións


Manuel Area está a dicir na actualidade:
"(...)Do mesmo xeito que hai dez anos atrás reclamei a entrada das TIC nas aulas, non só con argumentos educativos, senón tamén para evitar a entón denominada "fenda dixital", agora toca defender a presenza do papel nos colexios (sobre todo os públicos) para evitar o que puidésemos chamar como "a brecha impresa". Do mesmo xeito que as políticas educativas TIC, hai unha década atrás, serviron para ofrecer igualdade de oportunidades no acceso á tecnoloxía a aqueles nenos e mozos que non dispoñían das mesmas nas súas casas, hoxe temos que empezar a plantexar políticas educativas para garantir o acceso e uso dos libros en papel como instrumentos valiosos da cultura. (...)"
Tomado do seu blog "Ordenadores en el aula", falando arredor do libro El elogio del papel.

mércores, 16 de novembro de 2016

PACTOS POLA EDUCACIÓN?


Recollido dos medios (TeleMadrid.es):
O portavoz do Grupo Socialista na Asamblea de Madrid, Angel Gabilondo, solicitou á presidenta da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes, un procedemento "aberto á participación non só parlamentaria" e "pactado con todos os grupos da Asamblea" para conseguir o acordo pola transformación educativa.
Así mesmo, na súa intervención no Pleno, Gabilondo manifestou a vontade dos socialistas "de participar cun acordo ambicioso e de alcance", pero advertiu á presidenta que "se buscan unha ratificación do modelo" non avanzarán.
Podemos estar máis perto?

martes, 15 de novembro de 2016

Por facer boca... Pactos pola educación


Recollido da prensa:
L'HOSPITALET DE LLOBREGAT (BARCELONA), 4 (EUROPA PRESS)
Máis dun cento de grupos políticos, centros educativos, asociacións de pais e nais de alumnado, sindicatos, entidades veciñais e sociais asinaron o Pacto Local pola Educación de L'Hospitalet de Llobregat, un documento que recolle 155 propostas de actuación para afrontar os retos que ten o municipio no ámbito da educación.
O texto contou co apoio de 50 centros educativos, que suman cerca de 20.000 alumnos, unha corentena de entidades do mundo da educación, como a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos/as de Catalunya (Fapac), os sindicatos CC.OO. e UGT, o goberno municipal e os grupos políticos do PSC, ERC e Convergència-PDECAT.
Segundo informou o consistorio, o pacto recolle que a educación pública é "un servizo esencial da comunidade, destinado a facer que a educación sexa accesible para todos, sen distinción de ningunha clase, en condicións de igualdade de oportunidades".
A alcaldesa de L'Hospitalet, Núria Marín, que fixo do Pacto Local pola Educación un dos seus compromisos de investidura, afirmou que "todos os que deron apoio a este documento comparten o convencemento de que a educación é a mellor garantía para conquerir unha sociedade cohesionada e con igualdade de oportunidades".

venres, 9 de setembro de 2016

Bibliotecas virtuais


Unha nova acerca das mellores bibliotecas virtuais (disque), fainos pensar no que estas significan, de como nos achegan a información a calquera lugar do mundo (conectado) facilitando así o acceso a través das bibliotecas reais.
Entre elas, atopamos a Europeana (á que ademais podemos acceder en catalán, ¡canta aprendizaxe nos ofrecen se estiveramos dispostos a aprender), a Biblioteca Digital Hispánica, a Biblioteca Digital Mundial (unha iniciativa da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO, creada en 2009), a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes,... 
E sempre teremos a man Galiciana, a carón das demais.


xoves, 25 de agosto de 2016

Tonucci, a cidade e a educación

Tonucci, nunha entrevista de El País, falando da cidade da infancia, a educación, a necesidade de autonomía e dos cambios educativos, dos bos mestres e da súa experienica. Tamén fala de Pontevedra, e da lei Wert.