Amosando publicacións coa etiqueta Morte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Morte. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de decembro de 2022

Un novo álbum da editorial Bululú e... algo máis

 


O sono máis antigo de Mar Benegas e Javi Hernández, traducido por Xosé Duncan e publicado por Bululú. Un álbum en branco e negro, con tonalidades de grises e unha notas de amarelo ou azul, de vez en cando. Unha nena e unha vella. A vella xa sabemos quen é, a vella sempre é a mesma. Un diálogo entre as dúas, no que a nena pregunta e a vella contesta: Beleza é o que perdura cando deixas de sentir medo, o tempo é unha gaiola onde queredes atrapar o infinito... Nesa conversa hai moita sabiduría, da antiga, da de sempre, da que perdura, da profunda, da que axuda a vivir e a morrer, a permanecer porque igual nunca nos imos de todo, nunca rematamos de marchar, proque o tempo non é lineal senón circular.

Vale a pena entrar na páxina de Mar Benegas e dan unha volta por tanto camiño que se abre. 

Bululú tamén pon en marcha unha serie de novelas para lectorado autónomo coas aventuras de Sherlock Holmes, con ilustracións de Arianna Bellucci e traducida por Maruxa Zaera. Coa presentación á que nos teñen acostumadas neste momento, de múltiples ilustracións e xogos tipográficos, con letra grande e páxinas esponxadas, con introdución de textos adoptando outros formatos... para facer máis amena a lectura, para que a rapazada quede predida dende o momento no que ve o libro na libraría...

A banda de lunares xa está na rúa. Proximamente aparecerán outros títulos, non?  


mércores, 9 de marzo de 2022

Un álbum ilustrado para tratar a morte: Peque máis eu

Podemos falar da morte dende moitos puntos de vista, vimos algún libros que a tratan como a serie dos Minimortos, os libros de Escarlatina e Esmeraldina de Ledicia Costas, os de Mortiña e varios máis. Pero ás veces necesitamos libros que non pasen por riba dela, senón que se paren a analizar o que pasou, o que sentimos, como podemos superalo… e diso trata este álbum ilustrado. Quen dixo que os formatos, que poden semellar máis infantís, non sexan profundos e vaian ata a raíz das cousas? Pouco texto, pero mi ben escollido, debuxos enormes e expresivos. Con texto de Alicia Acosta e Ilustracións de Mercè Galí publicado polo selo editorial nubeocho.

Peque máis eu. (Peque é un can enorme, eu, unha nena pequeniña). Leamos… 

Peque era moi velliño, eu sabíao. Era moi velliño e estaba moi canso.

Un día Peque mirou para nós, moveu o rabo, pechou os ollos e morreu. Na casa puxémonos todos moi tristes…

A min comezaron a acontecerme cousas estrañas. Un nubeiro negro apegouse á miña cabeza, tanto, tanto, que case non podía erguela e tiña que camiñar mirando para o chan.  Uf! Era moi incómodo.

(un garabato negro como unha gran mochila coa que cargar)

Ademais, creo que me entrou xabón nos ollos e non podía parar de chorar. Que angustia!

(toda a casa inundada)

Pero o peor foi que un polvo se amarrou ao meu corazón. Apertábame tanto que me doía o peito. Fóra, malo!

Cando llo contei a papá, díxome que era normal que botase en falta a Peque e que camiñase coa cabeza gacha… Pensei que tiña razón, pero o do nubeiro negro non era normal. A min nunca me perseguirá ningún… Ai, vaite! Que pesado!

Mamá explicoume que ao perder a Peque era normal que tivese ganas de chorar. Eu pensei que non era normal que o xabón nos ollos durase tanto… E mira que mos enxaguei moitas veces con auga! Paraaa!

A miña avoa díxome que cando morre alguén a quen queremos moito, o corazón ás veces doe. Eu entendín o da dor de corazón, pero, é normal que te agarre un polvo? Ufff… Apertaba moito!

(unha tirita no peito)

Eu lembrei a sorte que tiña de ter coñecido a Peque: encantábame ter o mellor can almofada do planeta. Era tan lene e tan brandiño… Aínda que ás veces nos rifaban por durmirmos xuntos no chan. Vaia, e na cama tamén!

(sigue lembrando o can lavadora, o can paiaso…) Unha desas noites soñou con el e cúraa: quítalle o nubeiro meneando o rabo, lámbelle o xabón e ladrando asusta ao polvo. Agora xa sabe que Peque sempre estará con ela e lle axudará nos momentos tristes.