Amosando publicacións coa etiqueta Musica e literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Musica e literatura. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de agosto de 2020

Músicas

Pondaliana. Quince poemas de Eduardo Pondal musicados. Edita a AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e A Mesa pola Normalización Lingüística.
Co gallo do centerairo da morte do poeta en 2017, a Sociedade Cultural Medulio articulou un espectáculo musical que partiu dunha escolla de poemas que se musicaron e inseriron nunha sucesión escénica conpequenas presentacións previas e no marco dunha escenogtafía dixital. Despois de representala en Ferrol e A Coruña edítase en formato CD con cuberta de Leandro Lamas.
Móstrase o agrtadecmento a profesorado de UdC e do Conservatorio de Ferrol.
Unha boa maneira de entrar en contacto coa poesía do peota do Rexurdimento.

luns, 24 de agosto de 2020

Músicas: Fíos do querer

Fíos do querer de Cé Orquestra pantasma, con ilustracións de Cristina Ouro, dirixido a meninos e meniñas de 0 a 3 anos.
Editado por Cooperativa Galega Miudiño.
Cristina Ouro é,tamén, autora das ilustracións de varios libros de Anxo Moure como Salgadiña, a estrela de Fisterra, O Carballo con botas, Caramulo e a carpinteira dos soños, A xacia Lubiñas...
A voar. Un conto para soñar con música para brincar de Cé Orquestra Pantasma, con ilustracións de Cristina Ouro e textos de Judit Santos.


mércores, 19 de agosto de 2020

Novidades dunha editorial


Da banda deseñada á música en libro.
Luzbell. O demo bombilla de Xosé Tomás e Diego Rosales. a presentación editorial di:
No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos… Se lle deixan!!!" Que pasará?
María Fumaca. O veleiro verde   O tren de María Fumaça segue percorrendo novas rutas e agora faise á mar con O veleiro verde (Sonárbore Galaxia, 2019), un novo libro-disco no que Uxía Senlle e Sérgio Tannus volven encabezar este proxecto musical integrador coas composicións de Chus Domínguez e as ilustracións de Pablo Pastor. Desta volta a familia María Fumaça ofrece un percorrer que vai medrando en gustos e influenzas do mesmo xeito que medra Ruí, o maquinista arredor do que se fai o proxecto e que xa está na adolescencia o que conduce a unha evolución lóxica nun proxecto vivo e en constante movemento, que deste xeito tamén acompaña a aquela rapazada que creceu con el.  
Novos libro+cd de Xoán Curiel, que regresa con A casa do terror.
PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2019
Da presentación editorial: "A casa do terror ten a porta aberta para ti!. Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Un libro-cd para gañar e facer uns amigos de medo!!"

martes, 31 de marzo de 2020

GaliciaLe (Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas)




GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas ofrece os seus servizos tanto aos que teñen carnet como a aquelas persoas que non o teñan aínda...
Libros, libros con música e películas.
GaliciaLe facilita as condicións de acceso á plataforma en tempos de alarma.

luns, 17 de febreiro de 2020

Máis novidades



Non trabes na lingua de Antón Cortizas. Di a presentación editorial:
"A lingua hai que coidala, e non trabar nela, porque é un ben grande que temos" E Cortizas fai o que mellor sabe: xogar coas palabras "para trabarnos no corazón". Non estou tan segura de que chegue ao corazón... pero é cuestión de xogar con elas e ver o que pasa.
Unha descuberta a música co libro ou o libro con música. Libro + CD. En época de crise hai que buscar maneira s de sobrevivir e esta foi unha delas, especialmente para as xente que fai música qwue non é pouca no país. Este foi un dos campos nos que máis se avanzou,a s clases de conservatorio  en cidades e vilas fixeron o seu traballo. De cando se fixo da necesidade... virtude.
Oviravai son Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez. Eles fan todo: tocar, ilustrar e, sobre todo, crear música. A iso se dedican, nalgúns casos dende hai décadas e polo mundo adiante. Son veciños de Vigo e de porta, así que case que se pode dicir que ensaian no portal do edificio no que viven. As andanzas de Paio é o seu primeiro traballo na colección Sonárbore de Galaxia e Paio e o poder da música.

mércores, 4 de decembro de 2019

Libros que acadan premios de literatura xuvenil

Os corpos invisibles de Emma Pedreira, conseguiu o premio Jules Verne de Xerais, na última convocatoria.
Dúas mulleres en circunstancias moi diferentes pero igualmente desfavorecidas. L. C. de quince anos, vítima da explotación social e económica naqueles primeiros anos de revolución industrial nos que a rapazada comezaba a traballar moi cedo e era sometida a todo tipo de vexacións (por débil, nova pertencendo á cadea de produción dende os oito anos, muller, pobre...). Unha verdadeira escravitude. 
A outra, Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada con unha rara enfermidade pola que vai perdendo o dominio do seu corpo e se ben comeza valéndose dunha cadeira de rodas motorizada asistiremos á perda de sensibilidade da maior parte da súa estrutura física. De fráxil saúde, cunha lenda arredor da súa vida (co pelo brando e a roupa sempre negra dende o día aciago no que ía casarse e non foi posible) e unha amplísima autodidacta centrada especialmente na súa enfermidade, en medicina, enxeñeiría e literatura especialmente na escrita por mulleres. 
Dúas vidas que se encontran nun momento determinado e se atan polo que teñen en común: o desexo de liberdade e a non discriminación por razón de xénero, a asertividade e o empeño en conseguir os seus anhelos, a defensa das mulleres... pairando sobre todo iso, a nova Prometea que como Frankenstein será construída con partes de outras (mulleres escritoras: Charlotte e Emily Bronte, Apha Behn, Ada Lovelace, Jane Austen, George Eliot, Christina Rosetti) pero que se nega a recibir o nome do artífice que cumpre as ordes do creador ou creadora, o novo deus ou deusa que recolle os pecios do pasado para reivindicar o dereito a ser de todas e cada unha das mulleres, porque máis alá do misterio e as posibilidades da ciencia están as loitas sociais das mulleres acadando o seu destino.
Só un comentario: que pasaría se tivera un pouco máis de pouso, se non fora o resultado dunha case aposta, se o papel fora caro e houbera que escribir máis paseniñamente?
Prometea Stoner traballando sobre o seu propio corpo cos corpos de outras mulleres adiantadas ao seu tempo e escrínbindo á creadora do outro Prometeo, Mary Shelley. Un encontro, a través do tempo, entre dúas mulleres que crean e recrean tan domo deusas.

mércores, 19 de xuño de 2019



A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco
Un libro CD que dá continuidade ao publicado por OQO A nena e o grilo e á anterior A nena e o grilo nun barquiño que viu a luz da man de Fol música.
É agora Galaxia quen retoma esa nena e ese grilo nun texto teatral de Pepablo Patinho con ilustracións de Luz Beloso e letras musicadas por Magin Blanco na colección Sonárbore. Un verdadeiro libro, co seu formato completo, un CD de música e un espectáculo. Porque ás veces pasa, nos lugaes máis humildes, nas situacións máis extremas... alguén fai da necesidade virtude, pasou en Galicia, en plena crise, cando a cultura quedou á intemperie.
E algo que se agradece cando se entra na páxina da editorial “Incluído no catálogo da OEPLI 2018 como un dos mellores do ano.”, porque é certo e triste que as outras editoras non o fagan constar.
 
 

xoves, 21 de marzo de 2019

Varios libros varios


Varios libros entrando nas librarías: un deles O segredo das Burgas.
Unha novela publicada na colección Costa Oeste de Galaxia. Andrés Pombo Graña é o seu autor, de Ourense e escribindo sobre a súa cidade, sobre as posibles lendas e seres míticos que a arrodean; el mesmo fai referencia ao Diccionario dos seres míticos galegos de Cuba, Reigosa e Miranda así como Romance de desventuras de Pepe Carballude.
O mundo mitolóxico asentado no hoxe, ao lado da telefonía móbil, a policía contando con eses poderes sobranaturais para poder dar resposta aos asuntos que non controlan e os mafiosos dispostos a todo -unha vez máis- para conseguir o grial que lles dará acceso ao poder total, polo medio un anticristo (ou non o é?) tenro e brutal, unha bruxa con aprendiza e rapaz coidador da casa; os demosiños, nubeiros e toda unha chea de seres que son pero non entran na nosa racionalidade. A porta queda aberta a posibles continuacións, porque a nai da criatura queda nomisterio e os personaxes en pé. 
Os Fantom de Patricia Mallo, primeiro Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2018.  Patricia que xa publicara en Galaxia  Os Cabezombis na Mansión Espello.
Semella que a autora ten unha querencia especial polos pequenos e tenros monstros, no primeiro dos seus libros xa o di o título, e neste trátase dunha famili8a de difuntos que veñen de vacacións ao Máis Acá e teñen dificultades para volver. Por esa razón, vense obrigados a integrarse no pobo, no hotel, no traballo, na escola (onde os dous irmáns terán que enfrontarse á panda dos acosadores Leóns). O bulling aparece tratado unha vez máis, de forma que xa semella absurdo que o profesorado que coñece ou debe coñecer perfectamente aos acosadores derberían pasarlles anacos destes textos para que se vexan reflictidos e para que todos poidan rirse ante tamaño abiso e ante a repetición destes personaxes ao longo e ancho do mundo mundial... como unha praga... A evolución da autora semella interesante, centrada nun imaxinario propio (a relación entre o Máis Acá e o Máis Alá)  e agora respaldada por este premio que poñen en pé Barbantia, o concello da Pobra e Galaxia para homenaxear ao escritor Carlos Mosteiro que nos deixou boas mostras do seu facer.    
 

luns, 10 de decembro de 2018

Tradición e música





"En ben vin, virivín". Cancioneiro infantil para dicir, cantar e contar. Un libro de Manuel Rico Verea con ilustracións de David Rodríguez, é unha novidade da colección Álbums de Xerais.
Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.
O libro acompáñase dun CD no que intervén o  Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, Acompañan os textos unhas actividades didácticas para traballar con cada unha das cancións e remata o libro con cantos e contos encadeados. 
A casa do terror, un libro CD de Xoán Curiel e a banda do verán, con ilustracións de Iria Fafián e publicado por Galaxia na colección Sonárbore.. Di a presentación editorial que "A casa do Terror está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Un libro CD para gañar e facer uns amigos de medo!!"

venres, 30 de decembro de 2016

O ano de Manuel Mª


Así se despediu o ano desde a Fundación:
"Próximo a finalizar un ano tan intenso en propostas e iniciativas de todo tipo arredor da figura e da obra de Manuel María, desde a Casa-Museo queremos pórlle o ramo ao grande e convidarvos, máis unha vez, a festexar estas fecundas Letras Galegas de 2016 cun espectáculo musical gratuíto que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro ás 20 horas no Teatro Colón da Coruña, a cidade na que Manuel María morou na última etapa da súa vida. Será coa colaboración da Deputación da Coruña.
A música amorosa das palabras traeranos a palabra poética de Manuel María co acompañamento musical de tres das voces máis excepcionais da música galega actual: a de Uxía, a de Xabier Díaz e a de Guillerme Fernández. Todos tres teñen xa musicado a poesía de Manuel María noutras ocasións, sendo especialmente destacábel a contribución da primeira na difusión da obra do poeta a través de distintos traballos musicais aparecidos nos últimos anos."
Nós tamén temos que dar as grazas á Fundación e a Manuel Mª por este ano pleno de lecturas, audicións e actividades desde todas as plataformas do país. Foi todo un luxo! 
Si, foi un luxo que a RAG tomara a decisión de dedicarlle as Letras do 2016
a Manuel María, foi un luxo que el existira e escribira comprometido co país e as súas xentes e foi un luxo contar coa Fundación.