Pois si, tamén saiu xa o catálogo de Libros Infantís e Xuvenís, que publica a OEPLI cunha selección das mellores obras editadas en cada unha das linguas. A distribución vai por libros publicados e, desa maneira, como se pode observar, a lingua menos representada é a galega pois publicáronse máis libros en calquwera dos outros idiomas.
Unha lacra!
Podemos acceder ao catálogo neste enlace.
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 2 de xuño de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
O Catálogo de Libros Infantís e Xuvenís Galegos
O Catálogo de Libros Infantís e Xuvenís Galegos 2020, correspondente á produción de 2019, xa está nas redes.
Este ano, as dificultades coñecidas, impediron a realización das feiras internacionais e, polo tanto, non contamos co el en papel, neste momento, aínda que non desistimos de pensar que se imprimen aínda que sexan poucos exemplares.
Un recurso moi interesante para as bibliotecas e persoas mediadoras, para editoriais, creadores/as...
Lembremos que na páxina de GALIX posemos acceder a todos os catálogos publicados.
Este ano, as dificultades coñecidas, impediron a realización das feiras internacionais e, polo tanto, non contamos co el en papel, neste momento, aínda que non desistimos de pensar que se imprimen aínda que sexan poucos exemplares.
Un recurso moi interesante para as bibliotecas e persoas mediadoras, para editoriais, creadores/as...
Lembremos que na páxina de GALIX posemos acceder a todos os catálogos publicados.
domingo, 12 de maio de 2019
Libros de museo, libros de obra
O Museo de Belas Artes d´A Coruña conta con catro obras dirixidas a lectorado infantoxuvenil baseadas en catro obras do Museo, con textos de escritores galegos recoñecidos e ilustracións de Xosé Cobas. Unhas ilustracións moi acaídas, un ilustrador que é pintor, que ten un estilo moi pictórico e que gozamos vendo as súas imaxes, pero que realmente, neste caso non eran necesarias. Semella unha soberbia poñer máis imaxes ás que xa están aí, no cadro do que se fala. Sucedeu igual cando se publicara a obra de teatro de Avilés de Taramancos Tres capitáns de tempos idos, o autor xa ilustrara a peza e colocar ao seu lado as de Manolo Uhía era un acto de xenerosidade por parte do editor, pero non era preciso. Nun e noutro caso, as imaxes que achegan os ilustradores son magníficas, nunca se lle poderá poñer ningunha problema, é engadir beleza á que xa estaba aí, pero non eran imprescindibles. É unha opinión persoal, só iso.
Botella ao mar, baseado na obra de Seoane, está escrito por Marilar Aleixandre que homenaxea a este polifacético galego e ao seu tempo, por medio dunha botella que vai dun ao outro lado do Atlántico levando e traendo cores e herbas.
Mariña surrealista, está escrito por Yolanda Castaño nun formato especial xogando coa poesía e o que aparece no cadro, narrando unha historia na que participan todos os elementos da pintura.
A pequena guardiana de Tomás Muñoz serve de inspiración a Fina Casalderrey para crear a historia de Alba Rico, unha nena filla de moura, que será gardiá dun bosque.
Suso de Toro vaise á mitoloxía clásica arredor de Chega un baixel de Rubens. Remítenos á historia do Minotauro e a súa irmá Ariadna, o pai Minos e a nai Parsifae, o arquitecto e o seu fillo Ícaro. Unha narración que vai soa, coma un río.
domingo, 4 de novembro de 2018
"Ler contra a nada" de Antonio Basanta
Luns, 5 de novembro, imparte unha
conferencia con ese mesmo título, Ler contra a nada, no
Ateneo de Santiago dentro do seu ciclo conmemorativo do X
aniversario, ás 20 horas no local de Afundación na rúa do Vilar.
O libro é unha xoia,
presentada nun pequeno formato co que Siruela edita a súa
"Biblioteca de ensayo".
Unha
defensa da lectura a base de artigos nos que se vai centrando en
diferentes aspectos e que rematan sempre abrindo a porta a outro
ámbito coa fórmula: “… esa é outra historia e debe ser contada
noutra ocasión”. Estes capítulos altérnanse con outros que levan
por título “Lecturas de lectura” nos que seguindo as letras do
abecedario introduce textos sobre a lectura de diferente autoría que engaden argumentacións sobre o anteriormente citado; son textos
que todos e todas queremos ter a man, da autoría de Proust,
Borges, Youcenar, Ende, Argüelles, Castellet, Pennac, Carr,
Rosembkum, Rodari, Grijelmo, Parra, Jarauta, Platón, L. González,
Osoro e moitos outros e outras para falarnos da lectura desde as
diferentes ópticas desde as que pode ser analizada.
Un
home que ama a lectura, apoiándoa a defendéndoa ao longo de toda a
súa vida. Un home de emocións que nos remite ás experiencias e
expresións de moitos outros nun exercicio de recompilación
xenerosa no que non só recolle a súa práctica senón a de quen
transitou e reflexionou sobre a lectura. Un libro para
especialistas pero tamén para mediadores de lectura, para amantes da
lectura e para o público en xeral que ha de saber o que perde cando
non le.
Un
luxo escoitalo, unha vez máis, porque a súa palabra é auténtica. Sempre no compromiso da creación dunha sociedade lectora
imprescindible para superar as dificultades que inzan o camiño da
utopía, calquera que sexa.
xoves, 27 de setembro de 2018
venres, 21 de setembro de 2018
Publicidade necesaria
Si, ás veces hai que facer publicidade de algo que é único e necesario.
É o caso de O Papagaio (o xornal da xente miúda), a única revista infantil en galego. Hai algunha biblioteca do país que non conte con ela? Algunha familia que non a coñeza? Pois para iso está esta páxina... para soplar vento nas velas!
venres, 6 de abril de 2018
Catálogo do mellor da LIX do 2017, publicado pola OEPLI
A OEPLI ven de publicar, por primeira vez, un catálogo do que se consideran as mellores publicacións de LIX do ano 2017 nas diferentes linguas oficiais do Estado.
Con motivo desta selección, caemos na conta de que o número de publicacións deste tipo en galego foi menor que en euskera nese ano. Algo que asusta e nos compromete (a todos e todas) a facer algo, o que sexa!
Dos 200 libros que compoñen o catálogo, pola produción en galego corresponderíannos 11 títulos en galego fronte aos 13 do euskera. Isto fala moito da falta de apoios institucionais á publicación en galego de literatura infantil e xuvenil, fala moito do papel das editoriais, e ata dos mediadores. Que nos está a pasar? É que imos desaparecer sen unha queixa?
Ao final, en plan solidario, aceptouse na OEPLI (e co acordo de todas as súas seccións: GALIX, Clijcat, Consejo General del Libro e Galtzagorri) que houbera 10 títulos de partida e cada lingua, para engadir, a continuación, os que corresponden por produción. Desa maneira contamos con 21 títulos en galego.
Aquí, neste enlace, pódese acceder ao catálogo.
mércores, 4 de abril de 2018
RECURSOS PARA A IGUALDADE NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA
A modo de resumo, recóllense unha serie de entradas deste blog, que acollen recursos relacionados coa LIXG que poden ser utilizados no traballo coa igualdade de homes e mulleres.
Baixo a etiqueta de LIXG están os libros escritos orixinariamente en galego e aqueles outros que ao estar traducidos á nosa lingua, xa forman parte do seu sistema literario.
- Taboleiro de Literatura Infantil pola Igualdade.
- Taboleiro de Literatura Xuvenil pola Igualdade
- Premios a libros que buscan a igualdade
- Coleccións de LIX galega pola igualdade
- Coleccións de biografías de mulleres galegas
- Mulleres dramaturgas na LIXG, no Día Mundial do Teatro
- Mulleres e poesía, bo Día Mundial da Poesía
- 25 anos de "Rapazas" de Agustín Fernández Paz
domingo, 13 de agosto de 2017
Beneficios da lectura (unha vez máis)
Distintos estudios comprobaron que a lectura non ó serve para mellorar o nivel cultural senón que tamén produce bens saudables, por exemplo...
Favorece a concentración e
aumenta a materia gris do cerebro
Axuda á memoria cun adestramento frecuente
Reduce o tensión, facilita a relaxación e diminúe a depresión
Entretén a mente
Reduce o
alzheimer ao incrementar a forza do tecidos do cerebro
Ademais...
Aumenta o vocabulario
Mellora a oratoria (seica Cicerón afirmaba que a falar non se aprende falando senón lendo)
Ccontribúe ao desenvolvemento da obxectividade e a toma de decisións
Axuda a atopar emprego
Favorece o éxito profesional, etc.
E incluso poderiamos achegar que o fomento da lectura é o camiño máis rápido cara á cultura.
Hai quen dea máis?
martes, 19 de abril de 2016
Día Mundial da Narración Oral ou Semana da tradición oral
Só unha referencia para volver en novembro e celebrar unha semana que pode espallarse mentres andamos con samaíns e magostos, cos santos e os defuntos... que de todo se pode falar! e cantar, por que non?
Sempre ir ás fontes, sempre pasar por Galicia encantada esa páxina do noso imaxinario e aos libros deses magos da recolleita: Dicionario dos seres míticos galegos, Pequena mitoloxía de Galicia, Cando os animais falaban, A flor da auga, Arrepíos e outros medos... as coleccións Cabalo buligan de Xerais, Dediños de Tambre, Contos populares de A Nosa Terra, e algúns volumes soltos da colección Ler é vivir e Montaña encantada de Everest Galicia.
Para facer boca, un texto en liña de Xosé Miranda "Lendas e mitoloxía popular galega"
mércores, 2 de marzo de 2016
Fundación Manuel María. Concurso de lectura en voz alta.
A Fundación Manuel María será un lugar ao que viaxar este ano e unha páxina web á que recorrer.
Nela podemos atopar desde a convocatoria dun Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva" no que participar lendo poemas de Rosalía e de Manuel María.
Atoparemos as bases na sección de actualidade da páxina.
Atoparemos as bases na sección de actualidade da páxina.
A lectura en voz alta é unha competencia imprescindible que se apoia, tamén, con este tipo de accións.
Pode xurdirnos unha dúbida (coma un verme crítico que seguramente só atacará aos de sempre, pero podería estar ben revisar os premios...): porque o artefacto tecnolóxico está por riba da literatura en papel ou da música? non chegaría con que estivese ao lado?
E non quixeramos buscar inimigos, simplemente facer pensar. Porque as palabras e as ideas están para iso, para mellorar e traballar sumando... porque sumando multiplicamos (que é xustamente o que precisamos).
luns, 29 de febreiro de 2016
Fundación Manuel María. Recursos.
As casas de escritores ou de artistas en xeral son lugares plenos de recursos.
Son espazos tan especiais que sempre lembrarei unha anécdota:
Unha vez... unha profesora de infantil contaba ao seu alumnado que ían visitar a Casa de Rosalía. Explicoulles como collerían o bus a unha hora, como logo se moverían en tren... e como a unha hora determinada comerían alí. Un pequeno ergueu a man e preguntou: E Rosalía sabe que imos tantos?
Pois si, a escritora ou o escritor non nos vai dar de comer, pero do resto vaise ocupar de todo.
Na Casa Museo Manuel María poderemos realizar visitas guiadas, incluso de maneira virtual.
Podemos realizar rutas pola contorna, un par delas deseñadas por Adela Leiro, ás que se pode acceder tamén na páxina; neste apartado, os textos relaciónanse cos lugares, coa músicas e as explicacións necesarias para entender determinados personaxes como Manuel de Paderna ou a Casa de Hortas.
Na páxina atoparemos a biografía, obra e fotobiografía; os textos e os lugares; os recursos de todo tipo (vídeos, audios, exposicións, unidades didácticas, propostas de actividades, obras de teatro...)
Nas visitas ás casas museo, sempre é ben pasar pola tenda. Un recordo, un agasallo que levar aos que quedaron na casa... será a mellor maneira, tamén, de educar en determinados valores culturais.
Nas visitas ás casas museo, sempre é ben pasar pola tenda. Un recordo, un agasallo que levar aos que quedaron na casa... será a mellor maneira, tamén, de educar en determinados valores culturais.
E sempre, antes de ir, visitar a páxina onde abrir boca, coas noticias (onde por exemplo nos decatamos que está dispoñibel para uso libre o texto de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), o diario da Casa, ou os textos que deben lerse por anticipado.
Esta é unha maneira exemplar de levar a casa dun escritor, por iso tamén, estamos de noraboa.
Grazas a quen tanto ben fixo!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)












