Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terror. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de setembro de 2025

Unha novela de misterio


Dormen baixo terra de Alba de Evan aparece publicado na colección A miña primeira novela de Monstros, na editorial Boadicea.

Así se presetna: "Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece. Na mina aberta no alto do monte non deixan de se suceder ataques sanguentos sen que as autoridades consigan atopar un culpábel. O perigo, soterrado na fraga, emerxe coa néboa e axexa os habitantes do lugar. Cando Erea descobre que os seus dous mellores amigos, Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro."  

Familias ligadas a estraños seres que coidan das terras, minas ás que se lle da permiso a pesar de saber que aí hai patrimonio que gardar, persoas comprometidas con esa defensa que non conseguen paralizar (a mina, pero podía ser a pasteadora ou os eólicos). Cando nada está nas nosas mans xa só queda cederlle o coidado da terra ao misterio. Neste caso un monstro. Un gran risco aparecerá porque cando algo proba o sangue non sabemos as súas consecuencias. Tamén se dicía que cando alguén está nunha guerra e aprende a matar xa non o olvida, xa non lle resulta difícil, xa o converte en costume... Pois ben, unha novela de medo e misterio. Tres adolescentes: dous autóctonos e unha que acaba de chegar, cada un coas súas características e aficións pero dispostos a axudarse e defender a súa amizade.

domingo, 5 de abril de 2020

O terror tamén en aberto



Xuvenil e persoas adultas. Terror e misterio. Que só se acheguen os/as osados/as, porque xa o tempo trae terror abondo.
Así nos conta Urco a súa achega:
"Un pequeno gran de area para que todas pasemos estes tempos escuros o mellor posíbel. En colaboración co departamento de deseño de Sacauntos Cooperativa Gráfica decidimos ir “liberando” algúns dos nosos textos máis senlleiros en forma de ebooks de balde que podedes descargar desde o noso web.
Polo momento están dispoñíbeis os seguintes dous:
“A cidade sen nome”, de H.P. Lovecraft, publicado no volume 1 da nosa Biblioteca Lovecraft.
http://urcoeditora.com/titulos/a-chamada-de-cthulhu-e-outros-contos-de-terror-cosmico/
“A pedra negra”, de Robert E. Howard, publicado no volume Relatos de terror sobrenatural.
http://urcoeditora.com/titulos/relatos-de-terror-sobrenatural-segunda-edicion/
Prestade atención ás redes sociais, pois iremos publicando máis a medida que pasen os días.
Como non, todos eles están publicados baixo licenzas libres que permiten a súa difusión e lectura. Daquela xa sabedes, sentídevos libres de espallalos pola rede de redes!”