xoves, 12 de febreiro de 2026

De música e diversidade


Xanelas ao mundo de Cristina Otero Correa con ilustracións de Sergio Sande, publicado por Belagua.

Dúas nenas irmás, unha delas cega. Todos os días buscan un tempo para xuntarse, escoitar música e viaxar a diferentes lugares e culturas do mundo: Xapón, Uganda, Perú, Nova Orleáns, Viena, Palestina, Alemania, China, Senegal, Reino Unido, Sur de España, Indonesia, Italia, Fisterra ou Brasil. Remata cun "A música move o mundo. Que nunca deixe de soar!" 

Repítese un esquema bastante ríxido que pode levarnos á utilización da obra para clases de música ou interculturalidade máis que para ler libremente, polo gusto da lectura. 

A autora é profesora de música e traballa tamén en cooperación internacional, polo tanto é a persoa acaída para unha obra deste tipo. 

Da presentación editorial: "Xanelas ao mundo. Unha fascinante viaxe musical entre culturas ofrécenos unha viaxe arredor do mundo polos ritmos e os sons propios de cada país, a través da imaxinación das irmás Luz e Aurora." 

Ningún comentario:

Publicar un comentario