luns, 25 de xaneiro de 2021

Cociñando... que está de moda!

Ver las imágenes de origen

Comezara Ouvirmos con aquela colección de Cociña infantil e familiar que se ía detendo en tipos de platos diferentes: Xeados, Pratos do mundo, Chocolates, Carnes, Peixes, Arroces, Menús para festas, Pastas e pizzas, Sobremesas e Bocadillos e Sandwiches. 

Desa época era tamén o libro inclusivo de Kalandraka, Nicolás cociña sen lume, da autoria de Alicia Suárez e traducido por Iago Nicolás e publicado xunto coa asociación BATA.

Pero, logo, apareceron tal como cogumelos uns e outros que van enchendo as cociñas e bibliotecas: Grandes receiras do Raposo Rufo de Daniel Viéitez e Iria Iglesias, publicadas por Edicións Embora. As receitas de Rosaura de Isabel Blanco e Luz Beloso, publicadas por Belagua.
Cociñando con bolboretas no bandullo de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e publicado por Xerais. A viaxe culinaria de Kukinhas. A volta ao mundo en 50 receitas de Elisa Kukinhas e publicado tamén por Xerais.

E seguirán...