venres, 22 de xaneiro de 2021

Fábulas contadas de Gonzalo Navaza con prólogo de Antonio Reigosa

 

Fábulas contadas de Gonzalo Navaza con prólogo de Antonio Reigosa e ilustracións de Orelí Pello.

Tres creadores facendo un bo traballo. 

Reigosa contextualizando esas fábulas ao logo dun percorrido pola historia da humanidade, arredor desta literatura sapiencial (como el a chama) na que se utilizan os animais para impartir leccións. Merece ser lido e non debe pasarse de longo nin de maneira apresurada. 

Navaza versificando, actualizando, recreando e galeguizando (no dicir de Reigosa). Cando hai materia de poeta e por riba ese golpe de humor e espíritu lúdico conséguese relatar cada unha destas historias de maneira tan marabillosa que fai ben el cando recomenda aprender algunha de memoria. 

Orelí Pello ilustrando con moito acerto, achegando -tal como ela mesma nos conta- as metáforas visuais e metonimias, xogando coa escala e co punto de vista así como coa iluminación e ambientación para crear o dramatismo do xénero. Engade ela contido a esas historias nun ir do tradicional ao actual ou do universal ao galego reinterpretando ese imaxinario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario