O transgredir das ondas de Paula Carballeira está publicado por Galaxia na colección Costa Oeste, que se presenta así: "Nesta obra dramática, Paula Carballeira percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado “O transgredir das ondas”, onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño, a do sorriso calmo, a da voz nas ondas, a da escrita e a protesta necesaria."
Xoana é unha xornalista que está espertando á consciencia comprometida, afillada de África ten escoitado falar moito de Begoña e está dando os pasos necesarios para cambiar o rumbo da Historia, como fixeron elas. Parte do escepticismo porque "é filla destes tempos que non deixan moito lugar á esperanza" Porque transgredir procede do que fai o mar cando o mar avanza sobre o litoral, superando os límites que a terra impón. O podcast vese interrumpido por ruídos a modo de pantasmas que cortan a voz ou a distorsionan
A autora tamén introduce as músicas que poden soar no podcast ou cando se precise.
Biografía no formato teatral e de podcast, unha revindicación da loita social da escritora pero tamén da amizade e da alegría. Recóllese como formou parte de Mulleres Nacionalistas Galegas, Mulheres Transgredindo... No Foro Social Mundial declarou "Si, outro mundo é posíbel... mais construído coa igualdade entre mulleres e homes" Protestas ante o desaloxo da Casa Encantada. Palabras de África falando de Martinho (a quen homenaxean) "As persoas que luitan até o fim nunca son derrotadas. Nen a morte pode vencer quem tanto amou". O xogo do impostor que consiste en non dicir unha palabra (prohibida, clave) que pode afundir unha carreira, estragarche a vida: Defende a Galega, Marea negra do Prestige, Emerxencia lingüística, SOS Sanidade Pública, Defensa do Ensino Público. Remata "Nun escenario, diante do público, o que se di, o que se fai, acontece realmente, sen barreiras. Facemos parte dun presente colectivo. Aínda que marchemos, permanece prendida a luz, a luz pantasma."
"A do eterno sorriso, a da voz na radio, a da escrita necesaria, a da roupa lila, a insubmisa, a desobediente, a transgresora" A leal, en palabras dos compañeiros da radio.
A min gustoume o feito de que introduzan a unha compañeira que desapareceu hai pouco tempo, África, no desenvolvemento da historia e que o fixera dándolle o valor que correspondía, o seu papel. Tamén me gusta o relato da entrada de Etxaniz na súa vida, o relato da "toma de Bruxelas" cando atopa un borracho case morrendo ao que non atenden ("Sinto rabia e medra en min o noxo por esta Europa deshumanizada" Igual non me gustou tanto que dea a sensación de que en determinadas épocas a xente protestaba por todo como se fixese festa...
Comeza cunha declaración: o que fas cando morre unha amiga é lembrala para manter a memoria. A continuación as catro lembranzas dos encontros sigfnificativos de Paula con Begoña ("Estando con Bego borróuseme esa sensación de abandono que te asalta cando estás soa, lonxe, un chisco perdida, coma se de súpeto o mundo enteiro esquecese a túa existencia" (...) "de vontade de estar nunha illa, rodeadas de mar, para poder ter a cabeza nas nubes e, en canto collésemos folgos, volver poñer os pés na terra" (...) "Acontece o mesmo con algunhas persoas. Vives sen elas ata que as atopas e, cando o fas, semella que antes te faltaban"
Di Begoña "Eran tempos en que criamos que estabamos a construír unha radio para un país"

Ningún comentario:
Publicar un comentario