Amosando publicacións coa etiqueta Astérix. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Astérix. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de novembro de 2023

Un novo título de Astérix

Astérix continúa e moi ben traducido ao galego por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Todo un luxo!

Porque Astérix continúa fidelizando lectorado, seguimos pendentes das novas entregas, porque nunca nos defrauda. A actual: O lirio branco é estupenda. En Roma aparece un novo pensador, o que quere ser unha arma de destrución masiva, Vezovirtus o médico en xefe do exército romano quere vencer a resistencia gala co positivismo (unha filosofía que transforma todo en positivo e se apoia en frases ditas querendo ser profundas e unha dieta saudable). A el se lle encomenda logo ir á Galia, a súa influencia sobre a xente da aldea é considerable, fóra do seu alcance semellan quedar sós o xefe, Astérix e Obelix. Eles tres terán que facerlle fronte a esta nova estratexia cando por riba levan convencida á muller do xefe ata a cidade pero, os romanos non botaran ben as contas... Verémolo e lerémolo para demostralo. Que falta facía agora unha aldea gala resistente cun xigantón, un home pequeno e un canciño!!! porque fronte ás florituras quedan as raíces, o sentido común e as ganas de seguir sendo o que foron sempre: galos de honra. 

Así se presenta: "Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada polo talentoso dúo creativo formado por Fabcaro no guión e Didier Conrad na ilustración."