mércores, 16 de agosto de 2017

De autores: Diego Ameixeirass revisar

 


Escritor de novela negra, seguidor do xénero ata o punto de homenaxear a David Goodis en A noite enriba ou traducir Colleita vermella de Dashiell Hammett.
Semella que novela negra vai xunguida a crise, a actualidade pero tamén a cidade. As súas son Santiago e Ourense, onde da man do detective Horacio Dopico, navega polas novelas Baixo mínimos e O cidadán do mes.

A novela negra debe ser a crónica social do seu tempo, ten afirmado, e demóstrao nesa escrita áxil e intelixente, con economía de palabras pero cun humor acedo. Unha escrita na que pairan atmosferas opresivas e violentas, nas que nada pode rematar ben porque non sería crible un mundo xusto despois de todo o que levamos visto. Polo tanto, non agardemos paz ou un sorriso cando pechamos o libro, senón unha certa incomodidade que nos fará buscar outro para meternos na seguinte historia.
Ameixeiras introduce elementos imaxinarios, normalmente vinculados ao nacionalismo, á beira doutros que poderían ser reais se lle quitamos algo de sangue. Un xogo de espellos, algúns máis deformados que outros, os que os detectives han de ir adiviñando todas as trampas que unha detrás doutra van cubrindo o camiño da investigación. Perdedores e matalotes, tramas inmobiliarias e financieiras... de todo e a música acomapañando a narración, ela, tan necesaria como todo o consumo.
De Tres segundos de memoria, premio Xerais 2006: "Coa única persa coa que quero marchar desta cidade é comigo mesmo, pero necesito a alguén que me acompañe para estar só". Así pode ser de contraditorio, algún dos personaxes creados por este autor traducido ao castelán, catalán, alemán e italiano e incluído na antoloxía de autores arxentinos e españois Charco negro (2013).
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario