Unha nova entrega de de "A miña primeira novela", neste caso de Isekais, Así aprendemos de que vai esta tipoloxía: un subxénero de fantasía (xeneralmente xaponesa) cunha temática típica de manga ou a nime que xiran ao redor dun personaxe ou grupo de personaxes que rematan nun universo paralelo, tendo que adaptarse ao mesmo.
A princesa dourada de Anxo Mouzo Moreira está publicado por Boadicea. Desenvólvese en Camelle e nun mundo afastado cheo de maxia onde aparecen nun momento determinado os dous protagonistas. Ela realmente pertence a este mundo e estaba refuxiada no noso, preparándose para recuperar o reino que lle fora roubado por unha raíña doutro reino que está pechada no castelo grazas ao feitizo que a nai da princesa lle fai. A volta dela co avó e este amigo que se vai convertir no Escollido para axudarlle na reconquista, a maxia que domina a princesa, as loitas, a axuda aos campesiños e súbditos, a decisión de que unha vez todo nbo seu sitio se instaure unha democracia e ela poda volver a Camelle co amigo. Este pode ser a saída do xénero que agradecemos, unha monarquía que se sente responsable de como está o reino, que vén salvalo e o deixa unha vez instaurado o goberno do pobo.
Da presentación editoroal: "Xosé e Marica son de Camelle e viven porta con porta. A Xosé encántalle xogar ao fútbol e pasar tempo con Marica. Non obstante, o día que ela fai quince anos, descobre por accidente o pasado que oculta a súa amiga. Marica é, en realidade, a princesa do reino de Nihá, que foi expulsada dos seus dominios pola raíña demo de Hangyo cando era unha nena. As lendas aseguran que a princesa exiliada recuperará o seu reino con intelixencia e unha vontade de ferro e será Xosé quen estea disposto a todo para a axudar no seu propósito."
Realmente xaponesa e oriental, moi apoiada polas iluatracións de Iago Torres Paris en branco e negro. Como sempre, a introdución de páxinas de información ao longo do relato que colaboran na contextualización.

Ningún comentario:
Publicar un comentario