xoves, 9 de abril de 2026

Menstruación en marcha


Menstruación en marcha de Gloria A. Calvo, Camila Lynn e Agostina Mileo está traducido por Iago Nicolás e ilustrado por Martina Trach. Publicado por Kalandraka.

A modo de caderno, un libro de mulleres que fala e mostra mulleres deténdose na chegada da menstruacióne o que isto significa, da relación coas hormonas, de quen pode menstruar, que inflúe, como é o sangue da menstruación. A resposta a preguntas como se doe ou se cambia o estado de ánimo, se é para sempre, que produtos se poden utilizar e como se enfronta esta nas diferentes partes do mundo, a relación cos embarazos, os prexuízos e tabús ao redor da menstruación. Todo isto con apartados tan interesantes como "Sabías que...?", "A experimentar!" con traballos de campo; "Para ter en conta" e Menstrumito" / "Menstruconsello".  

Unha guía imprescindible para acompañar a chegada da menstruación e falar dela sen falsos mitos nin tabús.   

Unha nova aproximación, despois de Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers*s (e non só) publicado por Xerais na colección Seica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario