Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers*s (e non só) de María Reimóndez aparece na colección Seica de Xerais con ilustracións de Alicia Rocha.
Preséntase así: "Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia. Porque, ao final, falar da regra é falar do mundo enteiro e, en particular, de tantas Bárbaras! que se negan a seguir os ditados e que, coa súa rebeldía, crean un mundo mellor para tantas outras."
A autora vai percorrendo unha presentación, o apartado Muller (corpos e reprodución, categorías e privilexios...), Do espectáculo ás fases da lúa (hormonas, saúde, dispositivos...), O sangue non mancha (xenitalidade, desexo, hixiene...) para rematar con Bárbaras. Todos e cada un dos textos busca a reflexión e a ruptura de prexuízos, o desenmascaramento das mentiras grandes e pequenas para ir atopando camiños máis conscientes. Xogando coas cores, as preguntas ao lectorado e as otas explicativas, Bárbaras vai resultar un texto necesario para o traballo con adolescente e adultas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario