Cando unha empresa privada, como viamos na anterior entrada (Xerais) e nesta, Baía, fan o esforzo polo galego, por dar de ler en galego a través da rede, de forma gratuíta, sempre quedamos sorprendidas e agradecidas.
Sorprendidas porque os negocios están pensados para dar réditos, para facer cartos como se ten demostrado ao longo da Historia, por iso, cando asumen papeis de responsabilidade e compromiso co público, con todos e todas, cos que teñen cartos e cos que nunca lles merca un libro, sorpréndenos e non debería, porque moitas das editoriais galegas que publican en galego saben moito de proxectos deste tipo, de traballo para facer país e identidade, de esforzos para manter ese patrimonio herdado e para seguir construíndo cultura.
Cando se fala dunha cultura subvencionada había que mostrar claramente cales son os negocios que se aproveitan (de facelo) porque eu o que vexo é moito esforzo persoal (quen non lembra a Bragado percorrendo Galicia para dar a coñecer libros e autores/as?) e de grupo (defendendo a lingua e a lectura mellor que moitos que cobran para iso).
Grazas, neste caso imos dicir que chegaron as Magas
Así o presentan: "Baía Edicións con vos na casa"
Propostas de lectura
Para 4-6 anos:
Nube branca quere ser astronauta, de
Pablo Nogueira e
Manuel Uhía (ilustracións). Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de
superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a
pronunciación.
DESCARGA
Un día de treboada, de María de Mata e
Mariana Riestra (ilustracións).
DESCARGA. Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta
O dragón comemedo,
RuAn (texto e ilustracións).
DESCARGA. Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun
momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da
casa.
Para 7-8 anos:
A casa máis animada do mundo, de
Cristina Sáez Cazallas e
Almudena Aparicio (ilustracións).
DESCARGA Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.
O tempo do revés, María Solar,
Arturo Iglesias e
Xosé Tomás (ilustracións).
DESCARGA. Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é
redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.
Para 9-10 anos:
Boa sorte, de
María Solar,
Arturo Iglesias e
Xosé Tomás (ilustracións).
DESCARGA. Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non
lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con
divertidos experimentos.
Moko,
Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións).
DESCARGA. Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra
dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura
inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
A herdanza do marqués, de
Conchi Regueiro e
Noemí López Vázquez (ilustracións).
DESCARGA Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos
segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades
e, sobre todo, a Jonathan
Diario dunha noiteboa, de
Jacobo González Outes.
DESCARGA. Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de
estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal
acusado da morte dunha moza.
Liliput, de
Manuel Lugrís Rodríguez.
DESCARGA. A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se
nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de
monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.