xoves, 30 de abril de 2020

Carlo Frabetti, de novo premio Barco de Vapor

Os últimos premios da factoría S.M. son un luxo. Carlo Frabetti, premio Barco de Vapor por ¿Quién quieres ser? 
El di que escribe para a infancia porque mantén vivas as súas primeiras inquietudes, medos e ilusións e avoga por manter con eles un diálogo constante. Gústalle que non deixen de facer preguntas.
Sobre a dificultade de escribir para a rapazada apunta que cando o lector é adulto podes apelar á súa complicidade, usar a ironía, os dobres sentidos esixíndolles que completen o libro coa súa propia experiencia, pero cos pequenos non podes dar isto por suposto, has de ter coidado en non crear equívocos e non decepcionar certas expectativas. Este é un libro que mira ao futuro falando do cambio climático, a muller, a tecnoloxía (especialmente a intelixencia artificial) porque os lectores e lectoras van a herdar o mundo que nós creamos  e van ter a responsabilidade de corrixir os nosos erros e de atopar o propio rumbo; porque, parte de que para entender o presente e preparar o futuro hai que coñecer ben o pasado; mirar ao futuro cos pés no presente e coa memoria ben nutrida polos logros e erros do pasado.
No libro prodúcese unha relación interxeracional que el considera esencial, entre a nena protagonistas e un científico xa maior. Opina Frabetti que o feito de que a rapazada teña acceso aos anciáns da tribo, e tamén, que aos anciáns no se lle envíe aos "olvidadeiros" cando aínda poden achegar algo á sociedade é bo, moi bo.
Canto nos alegra recuperar a este autor de ficción (que non escribira nada infantil dende o seu último libro, tamén premio Barco de Vapor, Calvina) experto matemático, que é tan sincero como para volver a vista atrás e dicir que dende moi novo soubo o que quería facer pero non tanto quen quería ser. So dende esa autenticidade se pode tratar coa infancia e recomendar o diálogo cos nenos e nenas, escoitalos para saber o que necesitan e descubrir ese libro que lles pode cambiar a vida (o que dende sempre os está buscando).
                                                                                                     Información que se agradece a 20 minutos e Mirentxe Mariño

sábado, 25 de abril de 2020

25 de abril, 1974, unha canción pon en marcha a revolución

Así son os portugueses e así deberían respectarse. Pobres daqueles que non saben recoñecer o seu valor ...
A oposición demostrou hai uns días, a súa dignidade, apoiando ao goberno da nación ante a crise do virus coroado.
Demostrárono coidando do país, da súa tradición e patrimonio. Demostrárono o 25 de abril de 1974 cando puxeron en marcha unha revolución cunha canción e cando esa revolución se chamou a dos cravos ou claveles: as flores nas bocas dos fusís para acabar dunha ditadura.
Vímolo. Estabamos aquí vendo como o noso ditador fusilaba a cinco antifascistas.
Vímolo e escoitámolo. E gustaríame ter a man sete ou oito libros para a infancia contándoo, pero neste momento toca mostrar os documentos orixinais ou os que máis se lle acercan. Escoitemos...  Esta canción escoitárase en Santiago por primeira vez, un concerto na cidade estudantil, Xose  Grândola, Vila Morena de José Alfonso, un cantautor fronte ao réxime ditatorial de Antonio de Oliveira Salazar, que dominaba o país luso dende 1926. Na madrugada do 25 de abril de 1974, o pobo portugués mantíñase expectante á agarda de escoitar os dous sinais pactados polo Movimento das Forzas Armadas (MFA) para comezar a protesta.
Ás 22.55 del 24 de abril, E despois do Adeus, de Paulo de Carvalho, transmitida polo xornalista João Paulo Diniz da Rádio Emissores Associados de Lisboa. Ás 00.25, do día seguinte, a Radio Renascença, emisora católica portuguesa, transmitiu a canción de Xosé Afonso. 
E a tiranía caeu. 
Dise que X. Afonso compuxo esta canción como homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operaria Grandolense da vila portuguesa de Grândola, pois o 17 de maio de 1964 (Día das Letras Galegas, xa) actuou alí e iso supuxo un paso cualitativo para el.

mércores, 22 de abril de 2020

Premios Pura e Dora Vázquez


Rafa Villar ganou o XVI Premio deLiteratura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra O libro dos outros oficios. Un libro cun fío condutor, unha prosa coidada e rica como corresponde a un poeta e o logro dun ton que acompaña cada dos relatos.

As ilustracións son de María Villarino que o acada o premio por segundo ano consecutivo.

O obra presenta 33 relatos cheos de fantasía que teñen en común a inexistencia do oficio que describen. Polas páxinas van desfilando a afinadora de ventos, a apalpadora de estrelas, a apañadora de medos, a descubridora de xoguetes perdidos, a domadora de temporais, a escaladora de universos, a expendedora de sorrisos, a redeira de palabras, a regaladora de solpores, a reparadora de nubes, a repartidora de cartas extraviadas, a seleccionadora de ideas, a valedora de causas imposibles, a varredora de sombras, a redeira das palabras, a rastrexadura de lúas, a reparadoras de nubes, a probadoras de alfombras voadoras, a levantadora de escaravellos  … 
Todas elas femininas, unas máis afastadas da realidade ca outras porque se non existe algunha substituta, pode xurdir quen realice ese traballo en calquera momento e noutros casos serán máis difíciles de atopar.
O autor pensou que para estes oficios se prestaban máis as mulleres que os homes, tal vez porque sabemos máis da utilidade do inútil, do mundo das ideas que semellan pouco operativas pero levan unha carga de creatividade que as fai axeitadas para o futuro.  
Hai algunha pola que teño verdadeira preferencia como a coidadora de paisaxes (“A coidadora de paisaxes, no seu cometido, debe ter unha fe que mova montañas, dito isto de maneira metafórica. Mais en todo caso, si ten que saber que en ocasións fracasará no seu empeño, e precisará dunha gran forza de vontade para a vindeira vez seguir adiante, coidando de cada paisaxe. Ou o que é o mesmo, coidando deses lugares en que deitamos a ollada e soñamos.”), a expendedora de sorrisos (“Este é un dos oficios máis agradecidos que existen. Ben é certo que non se cobra moito por el, polo menos en cartos. Aínda que de todas formas, ver como alguén marcha cun sorriso apegado na boca é en si unha gran satisfacción”), a exploradora de lugares abandonados (“Ás veces, nos lugares abandonados poida que aparezan sombras, ou quizais sons, como voces, que lembren que antes aquilo estivo cheo de vida. Da vida das xentes que se foron a outros lugares, deixando tras de si o rastro das súas propias sombras”), a lanzadora de abrazos (“Toda lanzadora de abrazos sabe que, tarde ou cedo, haberá alguén, persoa ou quizais animal, que o reciba, e sobre todo que saiba compartilo. Mesmo compartilo unha e outra vez.”)  
E porque, como di o autor, ás vitorias sóbranlles pais e as derrotas son orfas, quero despedirme coa portadora de boas novas que me lembra aquel libro de Ariel Dorfman, escrito co seu fillo Joaquín, A cidade en chamas nas que un mozo atravesa a urbe repartindo as malas noticias da maneira máis suave e empática posible. Ese si que é un oficio para valentes, máis que o dos militares que van á guerra ou a fan a distancia.

luns, 20 de abril de 2020

Máis recursos en rede

Olloboi, Festival Audiovisual Escolar para centros educativos: profesorado e alumnado. Neste momento está aberto ás propostas que se fagan dende as casas, a través de Olloboi COVIDeo Doméstico aberta ás pezas que se fagan nas casas neste tempo. Para axudar a familias e rapazada a crear, poñemos á vosa disposición estes recursos educativos en galego.
O concello de Teo tamén nos ofrece recursos para Bailar e escoitar:
Músicas do país e a súa actualidade con descargas incluídas.
A Foliada dos Pícaros: música en galego para crianzas.
Festival Internacional Atlántica de Narración Oral en You Tube.
Baile tradicional con Antonio Prado para aprender dende o principio.
Conservas de Musica Tradicional. Álbum de Carapaus
Obradoiro de música tradicional Ultreia en facebook
Pista Catro Produtora facebook
Enregueifate! Conselliños para regueifar na corentena!
Biosbardia. Duelo de exhibición para levar mellor a corentena.
Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
Festival de poesía Alguén que respira!
Elejandría. Catálogo de libros electrónicos
Para informarse:
Praza
Nós
Lindeiros (Bisbarra Compostela)
Divulgación da Ciencia
Diario dixital Galicia Confidencial
Para ver:
Novo Cinema Galego
Rede on line de artes vivas e outras lerias
Series de TV da TVG
Asociación Galega de Profesionais da dirección e realización audiovisual
Comprensión crítica e feinista, do escnerio político, filosófico, económico e cultural.
Para axudar o planeta. Proxectoterra
Para movernos. Fundación USC deportiva
Para colaborar. Toponimia colaborativa
Para aprender.TVG para mellorar o teu galegoO Portal das palabras - Ogalego.eu
Para crear e compartir. Da miña casa á túa -   You Tube concello de RianxoYou Tube concello de Teo

sábado, 18 de abril de 2020

Cultura en aberto para familias


Acceso a 60 dos mellores filmes españois recentes 
Dez anos de Novo Cinema Galego
Teatroteca do Centro de Documentación de las Artes Escénicas y la Música (Ministerio de Cultura)
Teatro Real, My ópera player
Festival Verdi do Teatro Regio di Parma 
O ciclo «El anillo del Nibelungo» de Wagner no Teatre de les Arts de Valencia, a Carteleira G da TVG, na páxina do Ateneo de Santiago
Para docentes, o enlace a El Diario de la Educación
Acceso a música. Poñendo o nome do grupo aparece toda a discografía para escoitar.

Xunta de Galicia. Programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue con GaliciaLe, Exposicións virtuais ás mostras do Arquivo do Reino e ás do Museo do Castro de Viladonga e ao propio Castro, o Massó e as Pallozas e conxunto etnográfico do Cebreiro. e aos museos xestionados pola Xunta, o patrimonio dos mosteiros e catedrais e tamén a través da canle de YouTube de Turismo de Galicia, camiñar pola web do Camiño de Santiago. Audiovisuais históricos que foron recuperados polo CGAI como as imaxes de Castelao en Bos Aires de Eligio González (1972), o filme Un viaxe por Galicia de Manuel Aríns (1958) ou as vistas de Vigo e arredores gravadas por un afeccionado danés en 1926, entre outros; visionado dos traballos de Cinema en curso (un programa destinado a alumnos de entre 6 e 18 anos de pedagoxía do cine). No Portal da Lingua Galega maeriais dedicados aos máis novos da casa, como os audiovisuais infantís As miñas primeiras Letras Galegas ou Os Axóuxeres, entre outros; recursos musicais como Nun mar azul ou No colo da fala, cancións de berce interpretadas por Xabier Díaz, e propostas de diferentes xogos para facer coa xente miúda, dende adiviñas e xogos de iniciación até materiais para imprimir e recursos interactivos. Canle de You Tube da Cidade da Cultura.
Conferencias BBVA Aprendemos juntos