martes, 27 de outubro de 2020

SAMAÍN E DEFUNTOS

A modo de listado posible:

Resultado de imagen de Os tres bandidos Resultado de imagen de A eiga chuchona + libro Non hai escapatoria  e outros contos marabillososResultado de imagen de Mortiña + libro Resultado de imagen de Mortiña + libro Portada de No bosqueResultado de imágenes de Tío LOBO + Libro KalandrakaResultado de imagen de Brinca vai! + libro kalandrakaResultado de imagen de O pacto do Letargo + libro Resultado de imagen de O gatipedro + libro Resultado de imagen de SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta + libro

Os esqueletos divertidos  /  Bromas na escuridade  / Un pesadelo no meu armario  / Un dous tres, vampiro ti es  / Onde viven os monstros?  /  Máis alá da fiestra  /  Os tres bandidos  /  Rufus  /  Non stop  /  As tres curuxiñas  /  No bosque  / Tío Lobo  /  Aurelio  /  Non hai escapatoria  /  Leviatán  /  Brinca vai!...

Resultado de imagen de más allá de fiestaResultado de imagen de Rufus + libro kalandraka

 e uns poucos máis...

 

domingo, 25 de outubro de 2020

Un texto de David Otero polo Día da Biblioteca

Resultado de imagen de fotos de bibliotecas escolares

AS BIBLIOTECAS (RE)ENCANTANDO AS LECTURAS

            Velaí que nesta data de dúas ducias de días deste mes de tanto recoller froitos, neste ano de Don Ricardo Carvalho Calero, celebramos, a meluras polos corazóns o DÍA DAS BIBLIOTECAS, nas que vós lectoras e lectores podedes (e deberiades) facer lugares de marabillas, xa que son casas de portas abertas e espazos de abrazar.

Alí,  na guía das bibliotecarias e bibliotecarios, poderemos aniñar amizades que non figuran  nos desalentos e si nas esperanzas de cada día. Elas e eles ven como vós, na lectura dos libros e na dos seus outros soportes, da man tamén de escritoras e escritores, de ilustradoras e ilustradores, editoras e editores,  libreiras e libreiros, buscades, a todo entusiasmo e con gusto, solucións ás vosas maiores expectativas e así realizacións como persoas de ben, si,  na sensibilidade amical da convivencia na nosa Lingua e na Cultura, que elas valen moito como chaves determinadas para abrir tanto de tanto nos diálogos creativos cos outros pobos na universalidade.

Que bonito saber onde poñer os pés para buscar nos soños. Que doce sentir onde poñer os ollos para ler exercendo os pensamentos. Que impresionante saber onde poñer as mans nos libros, guiadas polos corazóns dos desexos. Que xigantes e que raiantes serán todos os días nas nosas Bibliotecas gozando das nosas Plataformas de Lectura. Nelas tamén, tal grupos creativos con tantas experiencias de engados, debemos sinalar o que nos falte, o que precisamos, e así xunto coas bibliotecarias e cos bibliotecarios vaiamos por el, pois xuntas e xuntos, nos afectos e (re)encantando as lecturas, cada vez soñaremos máis. Seremos máis.

 

venres, 23 de outubro de 2020

24 de outubro, día das bibliotecas

 

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, pero as bibliotecas escolares tentan celebrar máis que o día, o mes. Outubro, mes das bibliotecas escolares. En outubro xa se poden poñer a disposición do público toidos os recursos, houbo tempo para reorganizala, preparar o equipo e o horario, programar as actividades e programas... Cando se abre a biblioteca aprovéitase para facer a formación de usuarios/as, poñer en marcha as mochilas viaxeiras, as seccións de aula e o préstamo individual.

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.  Porque as bibliotecas son aptas para todos os públicos. Son o recurso cultural imprescindible en cada lugar e en todo tempo, por iso nos molesta tanto cando os seus horarios se reducen ou o feito de non poder con contar con bibliotecas en todas as entidades de poboación. En Galicia sempre botaremos de menos os bibliobuses ou calquera tipo de biblioteca móbil que percorra as aldeas para ofrecerlles servizos ás persoas que viven no rural.