Poesía e igualdade
martes, 28 de agosto de 2018
domingo, 19 de agosto de 2018
Constelacións literarias I. MULLER e igualdade. Migracións e outras culturas
De entre todo o firmamento da muller, quixemos escoller unha pequena cantidade de estrelas para elaborar unha constelación que puidera levar o nome de Migracións e outras culturas, pensada para lectorado autónomo.
Nela, poderiamos situar libros que tocan a tradición doutros países ou libros sobre historias reais como a de Malala, libros que mostran as diferenzas entre unhas e outras culturas, libros que falan dunha discriminación maior dependendo dos países e historias de nenas que xa andan entre nós aínda que naceran fóra.
Escritoras como María Reimóndez son piares fundamentais nesta temática e dela temos que recoller tres títulos, Agustín Fernández Paz e FIna Casalderrey son imprescindibles á hora de recoller a chegada das nenas doutros lugares a este...
xoves, 9 de agosto de 2018
Un libro para loitar contra a censura: A árbore dos soños
A árbore dos soños
Imaxina que es un escritor que teme a folla en branco. Un escritor que cada día pospón o momento de comezar a escribir, ata que polo xornal se enteira de que detiveron a un home que escribía sobre as árbores e as aves; daquela decide que hai que apoiar a ese escritor facendo o mesmo que el, porque é necesario e preciso ser libre para escribir. E escribe cinco historias de árbores que envía ao xuíz, para inculparse tamén el.
Leamos e vexamos se non está de actualidade (é o que teñen os clásicos):
(...)
- Acaban de deter a un compañeiro por escribir sobre árbores e sobre paxaros. Temos que facer algo!
- E a nós..., que nos importa iso?
- Pero... que dis?
- Ti escribiches algunha vez sobre árbores?
- ...
- Pois eu tampouco!
- O importante non é o tema! -berrou Huvez. É o comezo! Se calamos, mañá deterán os que escriban sobre calquera outro asunto.
- Estás sacando as cousas de cacho... precisas unhas vacacións...
- Se non facermos algo, e cedo, quen vai tomar unhas longas vacacións vai ser a nosa liberdade de expresión.
(...)
Fernando Alonso, o autor de El hombrecito vestido de gris, volve a sorprendernos, agora da man das personalísimas ilustracións de Emilio Urberuaga

luns, 6 de agosto de 2018
A biblioterapia ou sanación polos libros
Dise que foi o teólogo Georg
Heinrich, quen difundiu a práctica deste recurso terapéutico coa súa obra Biblioteca para enfermos, na que estuda o o potencial
curativo da literatura e ofrece recursos.
Tamén se di que a biblioterapia é un recurso moi barato, porque pode chegar a moitas persoas ao mesmo tempo, a grandes distancias e pode levarse a cabo por diferentes especialistas: médicos, educativos, socioculturais, previamente capacitados para tal fin, e de maneira que poidan colaborar.
Disto se fala no seguinte enlace
Acerca disto traballouse no CPI Manuel Marquier e en moitas máis bibliotecas escolares de primaria e secundaria, a través dos clubs de lectura e moitas outras actividades arredor dos libros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)