A guerra dos botóns de Louis Pergado, publicada por primeira
vez en 1912, aparece agora en Fóra de xogo de Xerais, traducida por
Xoán Manuel Garrido e Isabel Martínez.
Coñeciamos a historia pola
película que chegou a nós en diferentes versións. Que en Francia, os
nenos de dúas aldeas veciñas mantivesen unha rivalidade ao longo do
tempo, que se enfrontaran unha e outra vez en batallas onde o prezo a
pagar pola derrota foran botóns, resultaba tremendamente tenro despois
de ter pasado pola I e a II Guerra Mundial.
A inocencia e a crueldade danse a man para achegarnos a ironía necesaria para mirar de fronte as guerras declaradas.
Ás oito da tarde, cando morren as nais de
AveLina Pérez, premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2018, publicado na Biblioteca Dramática Galega de Xerais. Na presentación dise que a autora nos presenta un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta di espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.
Non se pode dicir máis claro nin mellor. Un texto no estilo doutros que andamos a visualizar neste tempo, cunha repetición tremenda de frases que seica aportan pero que non se ve moi ben, e menos na escena, o qué. Xogos teatrais nun país que aínda non ten público e que esta non sei se será a mellor maneira de conseguilo. Todo é necesario.
A partir dunha cita de Jung "O encontro de dúas personalidades é coma o contacto de dúas substancias químicas: se se produce unha reacción, ambas resultan transformadas" cóntasenos unha historia do presente e pasado dunhas persoas que se atopan, se casan, separan...
Costa certo traballiño seguir o argumento (sería máis doado nunha película), de vez en cando a descrición dun ambiente certamente interesante (como se abriramos unha fiestra a unha paisaxe doutro tempo ou lugar) e a novela colle outro cariz nun vaivén de despistes con cortinas que se abren e pechan, adiviñando personaxes. Igual non falaramos demasiado desta xente, entre nós. Vos veredes.