Bocados matemáticos de Paulo González Ogando publicado por Xerais en Básicos Ciencia. Leamos: "Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos,
numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de
situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos
asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de
aplicacións das matemáticas. O autor, profesor de secundaria, nesta obra dá respostas, fomenta a
curiosidade e persegue que se perda o medo a facer uso das matemáticas.
No seu blog http://compaseregra.blogspot.com leva compartidas máis de
duascentas construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas
da xeometría con regra e compás.
A divulgación científica faise cada dçia máis imprescindible, por iso agradecemos cada un dos libros que aparecen en galego. Achegar a ciencia a todos os públicos e facelo en galego é algo realmente marabilloso.
Defectos monstruosos de Alberto Hontoria Maceín, ilustrado por Nuria Díaz e traducido por Blanca Ana Roig está publicado por Hércules Edicións na colección Nova Lecturas de Hércules
Así se presenta: "Milo odia case todo. É desobediente, irrespectuoso e está sempre
enfadado. Un día, tras sufrir un accidente, comeza a percibir un
fenómeno extraordinario: o mundo está repleto de monstros que seguen aos
humanos alá onde van. Pero a xente non o sabe, pois só Milo os pode
ver. Aos poucos, Milo irá dándose conta de que cada monstro se parece
sospeitosamente á persoa á que acompaña…" Cada monstro representa un defecto: a ira, a envexa, a soberbia, a timidez... e todo o que se agacha detrás de cada un deles. Milo aprende moito, cambia e tenta axudar aos demais. Pode ser este un libro para o traballo coas emocións, un libro dun psicólogo, haberá que pensalo...