mércores, 28 de setembro de 2022

Varios libros da mesma autora. Traducións

Álbumes con gardas moi ben traballadas. Todos da mesma autora e publicados por Entrenubesycuentos.

 
Oito patas de Ana Meilán (autora e tradutora) e Desirée Aracibia. "Pódese cambiar o destino? Lucy así o creu. Ela non nacera para encher paredes con fios gris perla. Ela, filla, neta, bisneta y tataraneta de grandes tecedoras, demostrará ao mundo que unha araña no so vive para tecer. Un libro para crer na forza de un mesmo incluso cando tes que buscar o  teu propio camiño." escribe e editora Entrenubesycuentos. A hisotria dunha araña que non sabe tecer a pesares da cantiadade de títulos que a súa familia  ten ao redor da costura... Ela convértese e pintora pois coas sáus patas molladas en diferentes cores goza o que non facía tecendo con fío gris. A defensa dun mundo de cores. Na presentación dise que é un libro para crer na forza dun esmo incluso cando tes que buscar o teu propio camiño.

Bágoas debaixo da cama de Ana Meilán e Marta Mayo. Simón nace e medra chorando, por iso todos lle chaman chorón. Un día decide agachar as bágoas e vainas metendo en botes que garda debaixo da cama, cotinúa recollendo tamén as dos demais... ata que se dá conta de que se non choramos os demais non ven o que sentimos, daquela decide devolvelas.



Un día tiven un soño de Ana Meilán e Paco Ortega. Unha ilustracións minimalista e moi boa na que xoga tamén con palabras. A nai fala en primeira persoa do soño que tivo un día e como este medrou na súa barriga ata nacer. Esa conversa resulta marabillosa, co frases como "Estarei aquí cando eu xa non estea" ou "Sentín o teu ar escorregando nas miñas pernas (...) cambiaches o meu ventre polos meus brazos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario