Seica, o Ministerio de Educación vai destinar 200.000 euros para que o próximo curso se realicen encontros con escritores e escritoras nas institutos de Enseñanza Secundaria co
obxectivo de promover o hábito lector. Unha medida dentro do Plan de Fomento
de la Lectura
2017-2020. Todos os institutos do Estado, poderán escoller a autores e autoras nas diferentes linguas cooficiais, sempre que estes residan en España; simplemente ten que ter tres obras publicadas...
Non son poucas? A que responden eses mínimos tan mínimos? Sempre dan que pensar estes criterios tan básicos para cuestións que deberían ser máis esixentes, ou non? Se pensamos noutras convocatorias onde tamén vemos esas condicións.. igual sacamos conclusións. É ben certo que Juan Rulfo escribiu e publicou pouco, pero cóntanse cos dedos das mans esas excepcións. De calquera maneira... semellan poucos cartos para tanto empeño...
Hai outra pata para o programa (que sufraga gastos de desprazamento e honorarios de escritores), o "Por que Ler aos Clásicos", onde se escolle a alguén que falará dunha obra literaria que poida
considerarse clásica en sentido amplo, e tamén se realizará un
coloquio.
Haberá que pensalo e haberá que ser serios. Pode ser un bo momento para Galauda, recibir aos escritores galegos en Cataluña para falarlle a ese alumnado que estuda galego, e aos de catalán en Galicia; un camiño de ida e volta, xa que se fan cargo dos desprazamentos