Paco corazón de porquiño e os monstros diminutos (como derrotar a virus e bacterias) de Simone Fraga, está publicado por Picarona con radución de Raquel Mosquera.
Os monstros queren asustar aos nenos do pobo, pero Sir Corazón de Porquiño enfróntaos co alento fedorento, o sobaco spersuado e o tufo a pés. Unha mañá, esperta mal, resfriado, tusindo e esbirrando; daquela acode unha fada diminuta (Burbulliñas) que, coa súa maxia, ensínalle os monstro que o enfeitizaron e contra os que non valen nada os superpoderes. Eran xermes, virus e bacteriuas que viven na suciedade, son diminutos e hai que atacalos con xabón. A fada aproveita para lembtarlle que, ademais de bañarse, hai que comer froitas e verduras. E que pasa cando regresan os monstros grandes? pois que Porquiño ten outra arma poderosa: as cóxegas. Ao final, a fada explica que son os microbios e de como o tamaño non importa para ser superheroes, superfadas ou super perigosos.
O meu corpo de Ivanke y Mey, publicado por Cumio e traducido por Iolanda Mato. Preséntase así
"Este é un libro moi visual, xa dende a súa propia tapa orientado aos mais pequenos (a partir de 2/3 anos) no que dun xeito moi sinxelo e divertido aprenderán todas as partes do seu corpo. Recomendado para comezar a traballar unha autoestima saudable e para que aprendan a quererse tal e como son. Refórzase a través da súa lectura o sentido da autoestima, como se configuran os seus corpos, descubrindo que cada un é único. A importancia de ensinar aos nenos para ser conscientes do seu corpo áchase en que, a través dese descubrimento, comezan a quererse e a ser coidadosos co seu espazo persoal." Vai presentando as diferentes partes do corpo e dicindo a súa función (por exemplo: barrigola para xogar ao hula hula) para acabar presentándoo enteiro e afirmando que non é igual a ningún outro. As últimas páxinas ábrense para mostrar que ada vez e máis grande e garda máis historias