Este é un pequenos relato con poesía que tamén percorre a imaxe. O vixía dos mil faros de Helena Gamos.
Un libro infantil, ilustrado pola propia autora cunha liñas sinxelas que nos van lembrar a aqueles de Lorca ou Alberti. Na presentación editorial dise que se desenvolve entre a Costa da Morte e a Antártida. Un conto pensado para ler antes de ir a dormir nas noites de fortes temporais, cando deixamos prendida unha lampariña perto da cama... O vixía dos mil faros é unha figura máxica que protexe a infancia, cando nas noites de marexada teñen pesadelos. El, no lombo dun peixe linterna e seguido dun exército de vagalumes, combate os malos soños afundíndoos no mar.
Tres nenos, vivindo nunha casa perto do mar, entre maiores. A poesía entra da man daquilo que é misterioso e dá medo: os malos soños. Pero para enfrontalos terán un personaxe: ese vixía que dirixe a loita contra eles e os sitúa, de novo, nun mundo amable, como aquel no que viven polo día. Unha historia tranquilizadora e lírica na que as luces (de faros e vagalumes) alumean a escuridade, loitando contra a negrura.
Recollemos da rede: "Helena Gamos (Madrid, 1992) é unha ilustradora e escritora de contos que medrou en Galicia. Graduada en Filosofía e Técnico Superior de Artes Plásticas e Diseño en Técnicas
Escultóricas, traballa e vive dende 2016 entre Italia e España.
Recibiu o premio Artkeys de Ilustración e diseño gráfico coa serie gráfica Pájaros Pintos en el Castello Angioino Aragonese
dice Agropoli.
Do imaxinario da súa infancia entre os rodaballos de Nemiña e os polvos do Fondeadeiro xorden series gráficas e contos para nenos e nenas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario