Bo día, acougo. Exercicios de relaxación con palabras e movementos, para compartir cos teus fillos, de Anna Crahay traducido por Isabel Soto e publicado por Tambre. Tal como se di na presentación editorial: "Este libro propón catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar. Cada relaxación preséntase mediante unha descrición explicativa e práctica para os pais (especificando a posición, o que a criatura debe imaxinar e a funcionalidade, que detalla o movemento, e mediante un conto ilustrado para ler cos nenos (no que se desenvolven as sensacións falándolles á imaxinación da rapazada e axudándolles a facer seu o movemento sentindo o acougo interior). Narracións ilustradas e exercicios de relaxación, con palabras e movementos, para compartir cos teus fillos. Inspirado no brain gym." Os catro exercicios: A miña estrela (para enraizar e sentir a forza da vida), Bo día! (para relaxar as tencións e concentrarse), O pequeno empurrón (para sentirse ben e con enerxía) e A miña árbore (para desenvolver o equilibrio etomar conciencia interior). Magníficas ilustracións, moi acordes co asunto.
No segundo dos volumes as ilustracións son fotografías de Irene Pérez. Os textos pertencen aos libros A evolución de Calpurnia Tate, A balada dos unicornios, O libro do verán, Cartas de inverno, Palabra de bruxa, Be water, O soño da serpe, O carioso incidente do can a medianoite, Os corpos invisibles, Nubes de evolución, Frankestein e A miña familia e outros animais. Ambos están publicados por Sushi Books.
Ningún comentario:
Publicar un comentario