O que a serea esqueceu de Ana Meilán e Rosamarie Cerdá está publicado por Entre nubes y cuentos. Unha nova versión de Sereíña... porque hai unha serea que desobedece ao pai, que coñece a un humano e se namora. Por estar xunto a el vai disposta a todo, incluso a chegar a entenderse cun peixe que quere enganala. O acordo é que irá perdendo a memoria e ao final entregaralla toda se non sabe o nome do peixe, pero... cando xa todo semella perdido, aparece a neta que a colle da man e lle di "Avoa, non deberías facer tratos con trasnos ananos, verdes e choutadores, dixéchesmo moitas veces, Rumpelstiltskin sempre quere cobrar as débedas máis grandes" e así salva a Atiel que recupera toda a memoria.
Porque os pequenos podem axudar a salvar os recordos, por iso, os vellos sempre lles contan os seus contos, para que chegado o momento sexan eles a súa memoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario