Vídeo de presentación: https://youtu.be/J3uTWYkRPWs
xoves, 27 de setembro de 2018
venres, 21 de setembro de 2018
Publicidade necesaria
Si, ás veces hai que facer publicidade de algo que é único e necesario.
É o caso de O Papagaio (o xornal da xente miúda), a única revista infantil en galego. Hai algunha biblioteca do país que non conte con ela? Algunha familia que non a coñeza? Pois para iso está esta páxina... para soplar vento nas velas!
luns, 10 de setembro de 2018
COBNVOCATORIA DO II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN
Cartel ganador na edición pasada
GÁLIX, en colaboración co Concello de Pontevedra, convoca o II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN.
A
finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XX
Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,
que se celebrará no Pazo da Cultura entre o 22 de marzo e o 12 de
abril de 2019 e que terá como temática central A REVOLUCIÓN.
A
ilustración gañadora será premiada con 3.000€.
A proposta gañadora e as 12 finalistas conformarán unha exposición durante o Salón e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra editará un catálogo da mostra en formato de calendario de 2019.
Plazo de entrega: 10 de outubro de 2018.
A proposta gañadora e as 12 finalistas conformarán unha exposición durante o Salón e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra editará un catálogo da mostra en formato de calendario de 2019.
Plazo de entrega: 10 de outubro de 2018.
As bases deste certame.
Tamén podedes atopalas na web:http://www.galix.org/2018/09/
http://www.salondolibro.gal/
mércores, 5 de setembro de 2018
BIBLIOTECAS ESCOLARES ACTIVAS
Escornabots na biblioteca.
Lectores e lectoras do CPI de Catoira
Comeza o curso e con el a actividade nas bibliotecas escolares: en cada unha delas e na Asesoría de Bibliotecas Escolares que fai públicas as Instrucións sobre organización e funcionamto da biblioteca escolar para o cuso 2018/2019, porque é necesario ter en conta unha serie de orientacións desde as bibliotecas, desde os equipos directivos, desde o claustro dos centros... para que a biblioteca poida achegar todas as oportunidades. Que necesario é neste momento confirmar que a persoa responsable da biblioteca é a máis adecuada, que o equipo é o que ten que ser, que non se perden horas de guardia de biblioteca ou de corredor senón que se invirten onde ten que estar todo ese traballo profesional e non de vixiante de autobús. Hai moitas cousas que se non se poñen no seu sitio neste momento vai ser difícil facer máis tarde, e vaise cargar con ese lastre todo o curso. Por iso, estes primeiros días e estas primeiras reunións son fundamentais. Por isto habería que pedirlle a todo o profesorado unha reflexión centrada no centro, nos seus servizos e no alumado máis que en cuestións corporativas e de horario feitos á medida de intereses espúreos. Grazas por esas "Instrucións", agora só fai falla telas en conta.
Por outra banda, aparecen no portal de bibliotecas escolares as convocatorias de Clubs de lectura para centros que escolarizan alumnado de Secundaria e outros e a Convocatoria do programa Biblioteca Creativa para centros de Infantil e Primaria. Moito que facer, moito que ler e escribir para poñer en marcha o curso e a biblioteca escolar.
Un luxo ao alcance do profesorado galego!
E un gusto contar co xornalistas que se fan eco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)