sábado, 30 de xaneiro de 2021

30 de xaneiro Día da Ilustración: Lolita Díaz Baliño

 

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao.  Esta celebración dá pé a manter presente o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, e cada ano é homenaxeado un ilustrador ou ilustradora histórica galega. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño. A irmá de Camilo Díaz Baliño a quen se dedicou este mesmo día en 2018. Ela é a primeira muller a quen se dedica o día.

Con motivo desta celebración encárgase un cartel que este ano lle correspondeu a Manel Cráneo e catro visión sobre a artista, realizadas por Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero, de forma que ademais de coñecer á homenaxeada visibilízanse catro voxes artistas que lle agradecen que ela abrira camiño. Interesante ver as diferentes visións desas ilustradoras e observar o cartel de Cráneo situado nun surrealismo que pode lembrar a Jacobo Fernández.

Lolita Díaz Baliño foi a primeira muller que formou parte da Real Academia de Belas Artes.  Cradora e docente, pertence a unha familia ilustre (tamén foi tía de Isaac Díaz Pardo e profesora da súa comapñeira, Carmen Arias). Comezou como fotógrafa para pasarse á pintura, dominou o debuxo e a acuarela. Colaborou nas revistas Céltiga, Mariñana e Galicia gráfica e realizou portadas para a editorial Nós. Representa maioritariamente mulleres e combina art deccó con temáticas galeguistas