Antonte, 7 de xaneiro, realizouse un acto para conmemorar os 60 anos de Memorias dun neno labrego, que se cumpriran dous días antes. Esa primeira edición de 2000 exemplares, con ilustracións de Luís Seoane, sae en Bos Aires, na editora e distribuidora Follas Novas (do mesmo Neira Vilas e Anisia Miranda), sendo a quinta obra do seu catálogo. En Galicia, ía ser a primeira obra da editorial Rúa Nova de Lugo, que estaba a poñer en pé un discípulo de Alonso Montero, para iso pedíranlle as ilustracións a Isaac Díaz Pardo, pero a editora non chega a nacer e Isaac publícaa en Ediciós do Castro, pasando a constituírse na primeira obra de ficción desta editora. A primeira obra de ficción e a primeira xuvenil (ao ser asumida por este lectorado abrindo a outros a editora que chega a crear catro colección infantís). Unha novela que, na súa edición do Castro, dedica "A todos os nenos que falan galego". Era 1968, o mesmo ano no que Galaxia publica A galiña azul de Carlos Casares e saen, tamén, Os soños na gaiola en Celta de Lugo. Unha boa colleita!
"35 edicións, cun total de 700.000 exemplares convértena na obra máis editada e vendida da literatura galega (Galaxia declara que está entre as 10 máis vendidas no 2020), así como a máis traducida (español, alemán, sueco, romanés, ucraíno, búlgaro, esperanto, checo, maia, ruso, braille...). “A novela galega máis popular da segunda metade do século XX", recollen os medios de comunicación. Unha obra incluída no canon que resulta ser un best seller (o primeiro da literatura galega) ou un longseller (en palabras de Iolanda Galanes). A novela que acompañou a introdución da lingua galega no ensino da man do profesorado, ese exército militante ao que se referiu o presidente da RAG.
Pilar soy prima de pochete , por favor ponte en contacto conmigo en facebook leonor handmade, gracias
ResponderEliminarDesculpa, non ando por facebook (aínda que poda aparecer unha conta -que non abro porque perdín o contrasinal-). Podes contactar comigo a través do correo pilarsampedro507@gmail.com
EliminarPilar, soy prima de pochete , por favor ponte en contacto conmigo , gracias
ResponderEliminar