luns, 4 de xaneiro de 2021

Neira Vilas no calendario do Libro e da Lectura

Acaba de facerse público o calendario do Libro e da Lectura 2021, cunha imaxe de Javi Montes, na que unha moza camiñante leva sobre a mochila a biblioteca que a acompaña. 

Ao lado do Día da Edición (conmemorando o nacemento de Castelao), o Día da Edición (no nacemento de Ánxel Casal) aparece por primeira vez o Día do Lector/a coincidindo co nacemento de Neira Vilas. 

 É unha boa nova porque Memorias dun neno labrego segue a ser un libro con múltiples edicións dentro no noso sistema editorial (25 edicións e 100.000 exemplares en Ediciós do Castro, por poñer un exemplo), con moitas ventas pero sobre todo con moitos lectores e lectoras, dentro da nosa lingua e vertido a outras moitas.  

O Día do Lector/a acáelle porque nos dou de ler e porque seguiremos lendo e recordándoo sempre nese día... lendo. 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario