Fortunato quere ir a Lúa de Carlos López (o de Pinto e Chinto) e Óscar Villán (o Premio Nacional de ilustración). Un álbum publicado por Galaxia.
Un libro que se abre en vertical porque é así como se viaxa da Terra á Lúa. Alí é a onde quere ir Fortunato dende sempre; aínda que non aprobou os exames para astronauta, non se dá por vencido e vaino tentar polos seus propios medios: con foguetes de fogos artificiais, cun resorte atado á sola dos zapatos, pegando plumas de galiña, construíndo unha escaleira... De mil maneiras o intenta, vaille saíndo sempre mal, ten moitas malas experiencias ata que... desanimado se tira ao chan e a Lúa apiádase del, baixa e lévao con ela, e cabalgándoa, vai coñecer o firmamento.
Superpataca. Enredo cosmico. O retorno do rei Lesma. Episodio I. Unha obra de Arturo Lapena traducida por Raquel Reboredo e publicada en Mamut (a casa grande do cómic infantil). Toda unha aventura chea de personaxes e aventuras: fuxen dous presos perigosos, son perseguidos por cazarrecompensas e exército, rouban un rubí de valor inmenso... Super Pataca vai avanzando, que pasará?
Gavota Gourmet de El Hematocrito con ilustracións de Alberto Vázquez e publicado por Xerais. Mira o que conta... e todo con letras maiúsculas. Di que a súa comida é magnífica porque vai a un colexio despois do recreo e alí atopa de todo, pero de todo de todo.
Sinxelo, moi sinxelo pero seguramente do gusto das criaturas.