Libros que visibilizan mulleres galegas que están de centenario. Dúas mulleres, EmiliaPardo Bazán e María Casares, vistas por outras dúas mulleres: María Canosa e Bea Gregores. Libros grandes, de pastas duras nos que texto e ilustración colaboran na biografía de mulleres enormes que fixeron máis grande o seu tempo. Dúas biografías de mulleres singulares.
A de Emilia Pardo Bazán, publicada no 2021, cando se cumprían 100 anos da súa morte e a de María Casares no 2022, cando conmemoramos un século do seu nacemento.
María Canosa, a escritora, pon os textos, Bea Gregores, a ilustradora, as imaxes.Trátase de libros que conmemoran, que nacen para que a rapazada teña onde beber, onde saciar a súa sede de saber sobre estas mulleres que foron e son bandeira. A editorial, Bululú, publícaos achegando calidade no formato, papel, reprodución...
Ningún comentario:
Publicar un comentario