Todo a babor! Unha pequena gran volta ao mundo de Renata Ortega. Cumio
Así se presenta: "Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe arredor do mundo en barco! Soltando cabos, despregando velas e... Todo a babor!
En 1519 cinco barcos partiron dende España cara ao descoñecido, nunha ousada viaxe no que pretendían demostrar o imposible, que era posible dar a volta ao mundo grazas a un atallo descoñecido que conectaba o océano Atlántico co Pacífico: O Estreito de Magalláns. Non foi ata 1522 cando se completo dita fazaña convertendo este 2022 o quinto centenario do cumprimento daquela proeza.
Tomamos este fito na historia para inspirar aos protagonistas viaxeiros do libro Bo camiño, peregrino! na realización da súa nova aventura: A volta ao mundo seguindo o camiño realizado en parte por Magallanes e culminado por Elcano. A través deste libro, do mesmo xeito que o primeiro da colección iniciada por Rena Ortega, vaste divertir viaxando, descubrindo paisaxes, estrelas, detalles, moitos detalles e cousas que seguramente che sorprenderán. Úneste?"
Un barco cheo de animais (como unha arca de Noé). A primeira das gardas presenta a historia desa primeira volta ao mundo e o seu mapa mentres que nas últimas preséntanse as diferentes partes do barco protagonista e as respostas áo xogo que se propón nas páxinas anteriores. A ilustración ocupa toda a páxina, o relato móstrase nas cartelas e dos personaxes saen pequenos globos con referencia aos lugares polos que pasan: Brasil, Río da Prata, Antártida, Torres del Paine, Estreito de Magalláns, Océano Pacífico, Islas Marianas, Filipinas, Indonesia, Molucas, Cabo de Boa esperanza, Cabo Verde e España (subida polo Guadalquivir en Sevilla). Un libro de coñecemento, unha obra de xeografía e historia con humor e referencias culturais.
O material necesario para embarcar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario