Un par de libros que tratan de mulleres e os seus corpos.
Un deles de María Reimóndez, Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers*s ( e non só) publicado por Xerais
O outro, Hshoume. Corpo e sexualidade en Marrocos, de Zainab Fasiki. Está traducido por Melissa Gómez Morales e Sergio Gómez Blanco e publicado polo selo Sushi de Rinoceronte. Preséntase así: "No meu país, en Marrocos, é hshouma discutir sobre certos temas, principalmente sobre a sexualidade e o corpo, e aínda máis querer vivilos. Estas prohibicións, afirmadas polo islam e reforzadas polas leis, xeraron moitos males na miña sociedade, como a frustración e a violencia. Por desgraza, e aínda hoxe, moitos marroquís seguen convencidos de que a prohibición permite manter a paz social… Mais, onde está esta paz? Para comprender o que vivimos, propóñovos que observemos xuntos o reinado de hshouma, na súa dimensión educativa, relixiosa e política. Para romper estes tabús, dou fe aquí da miña vida como moza marroquí. Unha obra na que se xoga coa ilusración e o texto, co deseño e a arte, porque a creadora é enxeñeira do Estado, pero tamén creadora de bandas deseñadas, artista contemporánea, creadora do colectivo Women Power e, con este proxecto, tenta rachar os tabús ao redor do corpo nú e das muleres no seu país polo que foi premiada nas Xornadas Internacionais de defensa dos dereitos humanos por Amnistía Internacional en 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario