xoves, 28 de xaneiro de 2021

Premio Raíña Lupa do 2019

 

Antía e Daren. O misterio dos torques roubados acadou o Premio Raíña Lupa do 2019. Da autoría de Valentín Alvite e ilustrado por Miguel Porto, publicado na colección Sopa de Libros de Xerais.

Policías que se cren o ombigo do mundo, que pensan que son audaces pero que o seu traballo nunha pequena localidade non lles dá a oportunidade de lucirse.agora si, cando aparece a oportunidade aproveitana... daquela maneira. Dous rapaces que len novela de detectives e deciden botarse a investigar. E quen chega antes a resolver o caso? Xa o sabedes. De calquera maneira ides gozar lendo a historia porque ten visos de estilo e uns personaxes moi ben definidos ata producir a risa menos comprometida. Comeza a novela xogando cunha palabra en cada capítulo. Continúa co cabo primeiro elaborando conclusións con moita palabraría pero que caen polo seu propio peso e o cabo segundo repetindo paso por paso todo o que el, pero como se dixera algo novo... Así non se vai a ningún lado, así que calquera lles pode tomar a dianteira. De calquera maneira, igual nos chegaba a novela cunhas poucas páxinas menos, é cuestión de que opinen os lectores e lectoras; enténdese perfectamente que o autor se deleite cos esas situacións e personaxes porque percibimos que o pasa ben entre eles, levándoos ata o ridículo e seguramente sendo quen de ver o reflexo dalgunha persoa real na trama. En canto ás ilustracións hai unha magnífica magnífica onde se ven claramente as dotes de autor de cómic, aquela da piscina na que poemos ver tantas personalidade e tan ben debuxadas que recoñecemos os seus sentires e pareceres, o que están a pensar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario