Os álbumes ilustrados poden falar de todo. Poden ser moi planos, ter unha soa lectura e ´resultar suficiente. Poden ser moi simbólicos e ter varias interpretacións...
Este, Rumores no bosque, pode dar que falar porque vai de oralidade e distorsión, de construción dunha verdade (ou mentira) conforme se vai contando, de como poden fucnionar as noticias.
O texto é de Pilar Serrano, as ilustracións de Laia Domènech e a tradución de Marisa Núñez. Está publicado por OQO.
Vexamos: "Empezaba o verán. As formigas desfilaban atentas por se unha froita caía enriba delas e lles facía perder o paso. / Ao pasar a carón da cerdeira, unha formiga obreira, curiosa, parou a escoitar... -Algo lle pasa a Pepe Toupa. Anda a facer buracos sen parar -dixo Esquío, moi serio. /-Non será para tanto!...-contestou Moucho. / A formiga, sorprendida, apurou o paso ata pillar outra obreira máis pequena, que ía diante, e díxolle: -Pepe Toupa anda facendo buracos, día a noite... por toda a fraga! / Amarrando ben a carga, a pequena foille contar á seguinte: -Pepe Toupa non para de dar cabezadas e de romper todo.
E así avanza a historia ata dar cun remate marabilloso; de verdade, marabilloso.
As ilustracións supéranse a si mesmas nesa representación da natureza pero tamén da repetición e acumulación, desa maneira de engadir información que non aparece no texto, na situación do punto de vista e o xogo coas multitudes porque tratándose de formigas non pode ser doutra maneira. O xogo de deseño chega a obrigarnos a coller o libro doutra maneira nun momento determinado, nese no que por fin se descobre que pasa coas toupas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario