Curros & Holmes no misterio d´O Kapital de Marcos Calveiro, tráenos de novo ao poeta Curros, neste caso, sitúao no Londres de Holmes no que Marx está a escribir a súa obra. Unha historia detectivesca na que as verbas de Curros están nacendo entre as deducións de Holmes e a loita de Marx, entre as reivindicacións irlandesas e unha cidade na que abunda a pobreza e a delicuencia ao lado de sires e miladis. A riqueza da linguaxe de Calveiro faise visible entre os versos presentados en prosa do poeta. Un bo empeño!
Así o presentan: "Perfecto Conde dixo: López á moi seu para non ser orixinal.
López debuxa a Celestino. Ou Celestino debuxa a López. E
ambos os dous debúxannos a nós. Para rirse de nós. Para iluminar-nos.
Para deitar retranca e felicidade. Na mellor tradición do Castelao humorista. Unha proposta de
humor intelixente para persoas intelixentes. Como López. Como Celestino."
Ningún comentario:
Publicar un comentario