Por mor de cinco pizzas aos catro queixos de Xosé A. Neira Cruz obtivo o premio Carlos Mosteiro 2021. O libro aparece con ilustracións de Víctor Rivas, uns debuxos sinxelos, a dúas cores, e con todas as propiedades correspondentes. Unha historia de ratos que viven ao lado dun restaurante humano do que aproveitan todo o que precisan, por iso, cando toca defender ao dono, fano con todas as da lei. Unha historia que semella un divertimento, porque no comezo dous ratiños primos propóñense un reto... de aí sae que un deles que é moi comillón ha de papar esas cinco pizzas, pero algo sucede... que vai dar lugar a toda unha trama que ocorre maioritariamente no mundo dos ratos. A verdade é que os humanos non saen moi ben parados (ata o di o autor).
Este mesmo autor xa ganou este mesmo premio hai un par de anos, con O enigma do baúl pechado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario