A árbore dos soños
Imaxina que es un escritor que teme a folla en branco. Un escritor que cada día pospón o momento de comezar a escribir, ata que polo xornal se enteira de que detiveron a un home que escribía sobre as árbores e as aves; daquela decide que hai que apoiar a ese escritor facendo o mesmo que el, porque é necesario e preciso ser libre para escribir. E escribe cinco historias de árbores que envía ao xuíz, para inculparse tamén el.
Leamos e vexamos se non está de actualidade (é o que teñen os clásicos):
(...)
- Acaban de deter a un compañeiro por escribir sobre árbores e sobre paxaros. Temos que facer algo!
- E a nós..., que nos importa iso?
- Pero... que dis?
- Ti escribiches algunha vez sobre árbores?
- ...
- Pois eu tampouco!
- O importante non é o tema! -berrou Huvez. É o comezo! Se calamos, mañá deterán os que escriban sobre calquera outro asunto.
- Estás sacando as cousas de cacho... precisas unhas vacacións...
- Se non facermos algo, e cedo, quen vai tomar unhas longas vacacións vai ser a nosa liberdade de expresión.
(...)
Fernando Alonso, o autor de El hombrecito vestido de gris, volve a sorprendernos, agora da man das personalísimas ilustracións de Emilio Urberuaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario