luns, 6 de agosto de 2018

A biblioterapia ou sanación polos libros

Receitar libros para promover certas actitudes, estados de ánimo e reflexións.
Dise que foi o teólogo Georg Heinrich, quen difundiu a práctica deste recurso terapéutico coa súa obra Biblioteca para enfermos, na que estuda o o potencial curativo da literatura e ofrece recursos.
Tamén se di que a biblioterapia é un recurso moi barato, porque pode chegar a moitas persoas ao mesmo tempo, a grandes distancias e pode levarse a cabo por diferentes especialistas: médicos, educativos, socioculturais, previamente capacitados para tal fin, e de maneira que poidan colaborar.
Disto se fala no seguinte enlace
Acerca disto traballouse no CPI Manuel Marquier e en moitas máis bibliotecas escolares de primaria e secundaria, a través dos clubs de lectura e moitas outras actividades arredor dos libros.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario