Recoller algunha referencia para mantelo presente:
O artigo de Suso de Toro en Sermos Galiza "Xabier, non che puiden facer o obituario" con frasestan fermosas como "amaches un país que é un soño e, mesmo, este país existente tan desamparado e precisado da lealdade e o amor de persoas coma ti." ou este remate "Xa cho dixen, Xabier, o teu obituario non me sae. Porque non quixen, porque che quixemos. Irmán."
O de Manolo Bragado "Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa de onde podemos recoller "(...) E contou sempre DoCampo dende a patria da lingua, o idioma no que
asistiu a creación do mundo e no que descubriu o nome das cousas, ese
galego da Chaira miniado despois en lingua literaria no seu medio cento
de libros. Lingua que levou sempre nos beizos orgulloso, como na lapela
prendida a insignia de ProLingua, a plataforma apartidaria da que foi
celme e motor concibida en 2009 por el como «un valado para nos defender e para reivindicar o
esencial», para traballar por un idioma «que non é de ninguén porque é
de todos; non é de onte nin de hoxe, porque é de sempre» Unha lingua que para DoCampo nin sequera é patrimonio dos que a usan, xa que é un ben da humanidade enteira.
O de Daniel Salgado "Xabier P. Docampo, o escror amigo" que comeza "Un manto de loito estendeuse onte sobre os mundos da literatura galega. Porque a figura de Xabier Puente Docampo transcende a do pioneiro na modernización da literatura infantil e xuvenil, a do autor premiado, a do alquimista que cruzou Stevenson con Fole, Cunqueiro con Rodari."
O artigo de Jaureguízar en El Progreso "Adeus a Xabier Docampo, o último gran narrador popular"
E 8 videos para lembrar a Docampo en Praza Pública.
E o seu blog...
Ningún comentario:
Publicar un comentario