xoves, 30 de abril de 2020

Carlo Frabetti, de novo premio Barco de Vapor

Os últimos premios da factoría S.M. son un luxo. Carlo Frabetti, premio Barco de Vapor por ¿Quién quieres ser? 
El di que escribe para a infancia porque mantén vivas as súas primeiras inquietudes, medos e ilusións e avoga por manter con eles un diálogo constante. Gústalle que non deixen de facer preguntas.
Sobre a dificultade de escribir para a rapazada apunta que cando o lector é adulto podes apelar á súa complicidade, usar a ironía, os dobres sentidos esixíndolles que completen o libro coa súa propia experiencia, pero cos pequenos non podes dar isto por suposto, has de ter coidado en non crear equívocos e non decepcionar certas expectativas. Este é un libro que mira ao futuro falando do cambio climático, a muller, a tecnoloxía (especialmente a intelixencia artificial) porque os lectores e lectoras van a herdar o mundo que nós creamos  e van ter a responsabilidade de corrixir os nosos erros e de atopar o propio rumbo; porque, parte de que para entender o presente e preparar o futuro hai que coñecer ben o pasado; mirar ao futuro cos pés no presente e coa memoria ben nutrida polos logros e erros do pasado.
No libro prodúcese unha relación interxeracional que el considera esencial, entre a nena protagonistas e un científico xa maior. Opina Frabetti que o feito de que a rapazada teña acceso aos anciáns da tribo, e tamén, que aos anciáns no se lle envíe aos "olvidadeiros" cando aínda poden achegar algo á sociedade é bo, moi bo.
Canto nos alegra recuperar a este autor de ficción (que non escribira nada infantil dende o seu último libro, tamén premio Barco de Vapor, Calvina) experto matemático, que é tan sincero como para volver a vista atrás e dicir que dende moi novo soubo o que quería facer pero non tanto quen quería ser. So dende esa autenticidade se pode tratar coa infancia e recomendar o diálogo cos nenos e nenas, escoitalos para saber o que necesitan e descubrir ese libro que lles pode cambiar a vida (o que dende sempre os está buscando).
                                                                                                     Información que se agradece a 20 minutos e Mirentxe Mariño

Ningún comentario:

Publicar un comentario