martes, 14 de abril de 2020

A xenerosidade da cultura galega

Sabiámolo, pero unha vez máis se fai evidente.
Tanta crítica a que era unha cultura subvencionada, cando a subvencionada é outra cousa, sabemos perfectamente o seu nome e quen a acusa (en xeral) ben podía dicir os nomes de quen recibe axudas e para que, incluso neste momento, pois son esas mesmas as que non tiveron o detalle de poñer nada en aberto, de non mostrar a mínima xenerosidade porque realmente non lle interesa nada o que pase coa cultura galega e coa lingua. Elas mesmas se sinalan.
Dende sempre, houbo empresas que se caracterizaron por ter un proxecto de país polo que turrar. Esas están agora agasallando o pouco que teñen, poñendo nas mans da rapazada e das persoas maiores para manter a cultura en marcha, para non permitir un parón. Se o país soñara os seus soños, cando isto remate teríaselles en conta e dende as institucións e dende cada casa que o poida permitir estaríaselles mercando para que poidan continuar con azos.
Esas, as que traballan polo común e polo propio como identidade estamos a velas, xa se foron citando: Xerais, Baía, Urco
Xerais, que acaba de abrir tamén os primeiros capítulos da última novela de Manuel Portas, Cadencias ou poñendo aos seus autores/as a lelos,  Baía que pon a disposición a Aula Virtual cos recursos educativos, Urco da que queremos lembrar a exposición itinerante A historia da literatura fantástica que se oferta a bibliotecas e centros de ensino, iniciativas -todas elas- que falan da preocupación pola nosa xente.
Grazas, pois.
Igual que llas damos a Oqueleo na casa coas actividades, dirixidas aos pequenos e pequenas da familia, para descarga.
A Galaxia, por un concurso no que anima á rapazada a debuxar a lectura na casa, por animar aos seus autores/as a ler fragmentos das súas obras e por lembrar que Sonárbore ten unha canle de You Tube.
A Bolanda por lembrarnos que aí está a zona interactiva de Os Bolechas.
Pero especialmente a unha editora que xa está en mans doutro país e aínda así a súa xente se pon xenerosa, Edicións Xerais de Galicia, e a outra de aquí, Baía, que saca os seus libros ás pantallas para que os poidan ler todos/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario