domingo, 15 de marzo de 2020

De sementes e números

Unha árbore con ganas de reproducirse. En estado de boa esperanza... podería dicirse. É verán. A piña ábrese e caen as sementes, son cen e andan a voar. A historia céntrase nesa esperanza de vida a partir das sementes, así que imos vendo que pasa coas cen, como se van perdendo ata non quedar ningunha. Cero sementes xerminadas, cero vida para o futuro, case choramos... cando descubrimos que algunha das sementes se vai lograr a pesar das dificultades, unha comida por un paxaro cando é depositada -de novo- lógrase e así ata dez. Si, a árbore poderá ver dez árbores pequeniñas que medran para que a vida permaneza.
Moi ben levada esa contada das perdas para atrás e dos logros (sempre menos) cara adiante. Moi ben contada e moi atinada.
Ilustracións a modo de selos e cun aire primitivo que nos remiten, de novo, aos vellos esquemas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario