O Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2025, Un porquiño polo San Martiño de Macarena G. Vicente e Iria Bermúdez está publicado en Galaxia.
Da presentación editorial: "Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade."
Os díxomes díxomes son perigosos, porque semellan anticipar o final de Curro polo San Martiño, cando acostumamos comer ese manxar delicioso en variadas receitas, especialmente no cocido, pero a cousa non vai por aí e Curro case deixa de comer.
O cascabel da gata de Pablo Albo e Guridi, publicado por OQO. Un álbum de 2013 que non vén mal lembrar. A señora Xulia chama á gata Benita porque nonlle escoita o cascabel. Faino unha e outra vez, mentres ela o busca polo sofá, a escoba, a mesa... ata que o atopa pero cunha dificultade que ha de resolver. Farao, agora o problema pódeno ter os peixiños do acuario.. pero todo se resolve e ben. As repeticións e as ocorrencias van facendo avanzar a historia cunha chicadela final.

